UN SOÑO DESTROZADO

Datos Persoais
Curso: 
3º e 4º de E.S.O.

A familia de Iván era unha familia de Bueu que se dedicaba  unicamente ao mar.

Por parte do pai eran todos mariñeiros de baixura, o avó era o patrón e o pai e os tíos eran os pescadores. Por parte da nai traballaban na conserveria de Massó.

Iván dende ben cativo quixo seguir a tradición de ser mariñeiro e traballar xunto ao seu pai. Inda que sacaba moi boas notas e familiares e profesores aconsellábanlle que fixera algo de proveito, que estudara para médico ou avogado, el negábase unha e outra vez, e todos os días Iván ía ao porto e miraba desembarcar os barcos soñando que o día de mañá el iría no do seu pai.

Un día, mentes xogaba na rúa, descuidouse e deulle un coche. Iván despertou no hospital ao lado da súa nai e o seu pai, que non foran ese día a traballar.

-    Iván, grazas a Deus que espertaches!- díxolle a nai.
-    Onde estou? Quen son eses?
-    Estás no hospital meu filliño, e eses son os médicos

Iván notou unha extraña sensación na perna esquerda.

-   Que me pasa na perna?
-  O golpe que che deu coche produciu unha rotura na rótula e tivemos que meterche uns cravos para mellorar a articulación tras o accidente.- dixolle o médico.
-    Pero… poderei ser mariñeiro non?

O gran silencio que invadiu a sala foi roto polo choro do ropaz. O médico, conmovido, dixo:

-    Hai unha pequena posibilidade, con continua rehabilitación, ao mellor, poderase mellorar a mobilidade da perna.
-    Si? Farei todo o posible, xúroo.

Pasaron os anos e Iván foi crecendo, esforzándose e sufrindo día a día para poder recuperarse, inda que o esforzo non lle serviu pois nunca logrou recuperarse.

Cada mañá inda vai ao porto e pensa que embarca. Nese momento dáse conta do que se perdeu, a marabillosa experiencia pola que tanta curiosidade sentía.

Hoxe ten 64 anos e moitas veces dime que inda non é vello para embarcar, aínda que só sexa unha vez, para poder sentir a brisa, para poder ver o voo das gaivotas, para poder saber o que se sinte.
 

0
O seu voto: Nada (1 voto)