A MIÑA VISION DO MAR
Cando alguén me pregunta onde vivo, eu sempre digo en Bueu, un pobiño mariñeiro da ría de Pontevedra. Síntome moi afortunado de vivir nun pobo con mar.
Eu dende as fiestras da miña casa vexo o mar, encántame observalo, no verán cando está en calma cos barquiños navegando e as gaivotas revoloteando no muelle esperando a chegada dalgún barco cheo de peixe, pero tamén disfruto no inverno cando fai mal tempo e hai maruxías, ás veces as olas son moi grandes e cubren o peirao do muelle e o mar parece enfadado. É un espectáculo que ninguén debería perderse.
Como admirador que son do mar trato de disfrutalo ó máximo, se o tempo o permite gústame ir á praia cos meus amigos. Hai moitas praias onde elexir, unhas no centro da vila, outras rodeadas de natureza, unhas de area fina e outras de area gorda, unhas de mar aberto e outras protexidas polas illas que nos rodean. Tamén hai praias para xente que lle gusta estar espida e disfrutar en total liberdade do mar e o seu entorno. Praias de todo tipo para tódolos gustos.
Eu cos meus amigos vou ás praias do centro da vila, podo ir ata elas en bicicleta ou andando, alí quedamos sempre os amigos da clase e xogamos ó fútbol praia, tirámonos do peirao, corremos, nadamos, buceamos e disfrutamos todos xuntos dos raios do sol. Ás veces, vou cun amigo nunha piragua, gústanos remar e chegar ás bateas para subir a elas e tomar o sol en alta mar.
Meu avó ten una pequeña lancha motora e lévame a miúdo a pescar rinchas. Este verán non se nos dou moi ben, pero aínda así sempre pescamos algún peixe, que despois ó chegar á casa a miña nai cociña e está riquísimo. A min encántame, sobre todo cando como o peixe pescado por mín.
A vida do meu pobo xira entorno ó mar. A gran maioría da xente adícase a traballos relacionados con el, polo tanto economicamente dependemos del directa ou indirectamente. Directamente os que se adican a pescar e a vender os productos do mar: peixe, marisco, etc. , os que constrúen e reparan os barcos, os que fan e reparan as redes, os que traballan nas fábricas conserveiras e os que o transportan ó resto do mundo. Indirectamente os restaurantes, bares, comerciantes, que teñen como clientela toda esta xente que vive do mar e todos os turistas que atraídos por el, veñen a visitarnos. No verán a poboación do meu pobo multiplícase por dous, xente de tódalas partes de España e do resto do mundo acuden atraídos polo sol, o clima, a súa gastronomía, as paisaxes, a tranquilidade, e iso tamén aporta riqueza ó meu pobo.
Ás veces o mar traenos noticias tristes cando hai accidentes que poden causar afundimentos de barcos e mortes por afogamento de mariñeiros que por desgraza son moi a miúdo, a pesar de todo isto, se eu tivera que definir ó mar e a súa importancia, utilizaría a coñecida frase: “O MAR É FONTE DE VIDA”







.png)
