Programa de Cualificación Profesional Inicial (PCPI) de Pesca e Transporte Marítimo
PROGRAMAS DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL INICIAL (PCPI) PESCA Y TRANSPORTE MARÍTIMO (I.E.S. JOHAN CARBALLEIRA DE BUEU e ESCOLA DE FP MARÍTIMO PESQUEIRA DE BUEU (Centro asociado. DOG nº 214 luns 2 de novembro2009).
Descarga información en pdf:+ Información
INFORMACIÓN E RESERVA: Teléfono: 986 32 32 70 ou na secretaría do I.E.S. Johan Carballeira
Finalidade dos programas de cualificación profesional inicial:
Os programas de cualificación profesional inicial, teñen como finalidade previr o abandono escolar antes da finalización da escolaridade obrigatoria e abrir novas expectativas de formación.
Obxectivos:
Os obxectivos dos programas de cualificación profesional inicial son que o alumnado:
a) Consiga competencias profesionais propias dunha cualificación profesional de nivel 1 da estrutura do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
b) Superación da proba de acceso a ciclos de grao medio,ou a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria.
Persoas destinatarias:
a) Alumnado escolarizado con dificultades de aprendizaxe ou ben que se atope en grave risco de abandono escolar.
b) Alumnado desescolarizado por abandono do sistema educativo.
c) Alumnado con necesidades educativas especiais.










.png)
