Festa fin de curso BueuINforma 2010 para os alumnos de infantil e 1ºciclo primaria

Este venres 4 de xuño as 11:30 da mañá celebrarase no Colexio Virxe Milagrosa de Bueu a festa fin de proxecto nos Colexios do proxecto Bueuinforma (www.bueuinforma.org, financiado pola Consellería do Mar para a anualidade 2009-2010). Ao acto acudirán máis de 400 alumn@s de infantil e 1º ciclo de primaria dos Colexios do Concello de Bueu. No mesmo realizarase unha actuación con motivos mariñeiros, agradecendo con iso aos máis novos a participación no proxecto e divulgando a pesca artesanal sustentable e a cultura mariñeira.

Ao acto acudirán representantes dos Colexios de Bueu, representantes da Consellería do Mar , representantes da Consellería de Educación e Representantes da Confraría.

Enlaces relacionados:

Ambientarte