Exposición Reserva Mariña de Interes Pesqueiro "Os Miñarzos" - Lonxa de Bueu do 22 de xuño ao 2 de xullo de 2010
Os Miñarzos, Primera Reserva Marina de Interés Pesquero del norte de España (Lonxa de Bueu do 22 de xuño a 2 de xullo de 2010)
Prensa Reserva Os Miñarzos en Cofradía de Bueu: Voz de Galicia - Faro de Vigo - WWF - Diario de Pontevedra
INTRODUCCIÓN
A exposición está destinada as poboacións das comunidades pesqueiras e deseñada para todos os públicos. O público infantil conta cun nivel lectura propio. O desenvolvemento da exposición está enmarcado dentro do proxecto que WWF España impulsa en apoio á creación e posta en marcha da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro de Os Miñarzos, en Lira-Carnota, aprobada pola Xunta de Galicia en maio de 2007. O proxecto está financiado por Obra Social Caixa Madrid e Telefónica de España e desenvólvese en colaboración coa Confraría de Lira, a Fundación Lonxanet e en coordinación coa Conselleria do Mar.
A EXPOSICIÓN
A) Paneis
5 paneis impresos en lona, instalados sobre un sistema de barras flexibles con anclaxe magnética.
Anchura: 122 cms - Altura: 223 cms
Panel 2: Biodiversidade do litoral da Reserva Pesqueira
Anchura: 122 cms - Altura: 223 cms
Panel 3: A pesca tradicional na reserva Pesqueira
Anchura: 196 cms - Altura: 223 cms
Panel 4: As reservas Mariñas. A Reserva pesqueira de Os Miñarzos.
Anchura: 341 cms - Altura: 223 cms
Panel 5: O fráxil equilibrio do mar. O papel dos cidadáns de todas as idades.
Anchura: 122 cms - Altura: 223 cms
Fotografía aérea da reserva con fotografías panorámicas dos enclaves máis emblemáticos e principais toponimias.
Tamaño:
4 exemplos (nasa, enmalle, espello, palangrillo) cada un deles montado sobre unha base de 100 x 60 cms.
D) Urnas de cristal con maquetas en plastilina.
Son 2 maquetas en caixas de vidrio de aproximadamente
Faro interactivo, de
Para nenos e nenas, escolares ou participantes de campamentos de verán. Serán guiados polos propios mestres ou monitores.
.jpg)
HISTORIA
A reserva mariña de interese pesqueiro (en adiante REMIP) “Os Miñarzos” é a primeira reserva mariña deseñada polos propios pescadores a través dunha proposta plantexada pola comunidade de pescadores de Lira á administración pesqueira autonómica de Galicia. Este feito é indicativo da súa importancia no contexto dos modelos organizativos sostibles en ecoloxía humana. Nós, os pescadores, pensamos que esta particularidade é esencial, xa que o alto grao de implicación, consenso e colaboración dos pescadores nos proxectos de xestión minimiza os conflitos que xorden noutras áreas mariñas protexidas, facilitando a aceptación e o cumprimento das normas. Defendemos, polo tanto, os dereitos territoriais e de acceso aos caladoiros que historicamente a flota
artesanal ven explotando dende hai moitos anos, así como un dereito básico como é a coxestión dos recursos mariños.
Este documento ven a ser, polo tanto, un reflexo do que dende a súa fundación en 1986, o Colectivo Internacional de Apoio ao Pescador Artesanal (CIAPA - ICSF), defende: “a pesca con base en comunidades de pequena escala representa a forma máis eficaz de lograr unha pesca caracterizada pola equidade social e económica e a sostibilidade medioambiental, un obxectivo que non pode alcanzarse a menos que os pescadores se involucren de forma adecuada nun proceso de consulta e de participación activa nos mecanismos de toma de decisións”.
No 2008 a FAO organiza a Conferencia Mundial sobre a Pesca a Pequena Escala, na que máis de 100 delegados de 36 países, representantes da pesca artesanal, das comunidades indíxenas e das organizacións de apoio ao sector, asinaron a Declaración de Bangkok sobre Pesca a Pequena Escala. Nela se afirma que os dereitos humanos das comunidades pesqueiras son indivisibles, e
que o desenvolvemento dunhas pesqueiras artesanais e sostibles só pode acadarse mediante unha abordaxe integrada dos seus dereitos civís, sociais, económicos e culturais.
En marzo de 2009 o Comité de Pesca da FAO (COFI) abordou o tema da pesca artesanal, ou pesca a pequena escala, sobre a que se tomaron varias decisións: o establecemento dun programa de traballo dedicado á pesca a pequena escala, a inclusión dun capítulo especificamente consagrado ao tema no Código de Conduta sobre a Pesca Responsable da FAO, e a preparación dun Plan de Acción Internacional para a Pesca a Pequena Escala. En abril de 2009 a Comisión Europea, a fin de elaborar o Libro Verde sobre a Pesca, brinda unha excelente oportunidade para que os pescadores a pequena escala e as comunidades pesqueiras artesanais da UE participen activamente na reforma da Política Pesqueira Común (PPC) presentando os seus puntos de vista.
O 28 de setembro de 2009 representantes da pesca artesanal da UE, de organizacións non gobernamentais, especialistas e investigadores reuníronse nun seminario para participar na elaboración da reforma da PPC da UE e a pesca a pequena escala declarando “o seu compromiso co uso sostible dos recursos pesqueiros e medioambientais así como un trato xusto e un recoñecemento adecuado para que este sector sexa viable, sostible e con un futuro máis prometedor”.
Entre as conclusións dese seminario, nas que está a traballar o Colectivo Internacional de Apoio ao Pescador Artesanal, atópanse algúns dos obxectivos que se pretenden acadar con este documento:
“1. Aplicar a cada sector pesqueiro un enfoque diferenciado de xestión que lle permita resolver os seus propios problemas de regulación; de xeito que si un sector necesita reducir a su capacidade, os demais non se vexan obrigados a perder oportunidades de pesca, de emprego ou outros beneficios noutros sectores máis sostibles.
2. Aplicar o principio de subsidariedade ao manexo da pesca artesanal, asegurando que os sistemas de xestión da información e de toma de decisións incorporen e se guíen polo coñecemento, a experiencia local e as prácticas recomendables baseadas na experiencia.
3. Dar valor aos coñecementos pesqueiros, ecolóxicos e oceanográficos locais e fomentar a colaboración e o intercambio de información entre pescadores e científicos, a fin de facilitar a toma de decisións informadas no ámbito pesqueiro.
4. Implantar plans de xestión e outras medidas de recuperación dos recursos, como as áreas mariñas protexidas de interese pesqueiro, tomando como punto de partida as boas prácticas xa establecidas, partindo das demandas dos pescadores ou mariscadoras locais de pequena escala e as súas comunidades, e garantindo a protección dos seus dereitos de acceso. Tales medidas deben deseñarse de xeito que sexa posible monitorizalas biolóxica e socialmente para poder medir a súa eficacia socieconómica e biolóxica no tempo”.
Dentro da clasificación da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) a REMIP “Os Miñarzos” queda encadrada na Categoría VI: Área Protexida con Recursos Manexados. A cal, atendendo ás súas características e aos obxectivos que se perseguen coa súa designación, definiríase coma un “Área protexida xestionada principalmente para o uso sostible dos ecosistemas naturais”. Área que contén predominantemente sistemas naturais non modificados, que é obxecto de actividades de manexo para garantir a protección e o mantemento da diversidade biolóxica a longo prazo, proporcionando ao mesmo tempo un fluxo sostible de produtos naturais e servizos para satisfacer as necesidades da comunidade”.
Tras tres anos de traballo dos pescadores artesanais da comunidade pesqueira de Lira, a reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos tivo o seu reflexo normativo no Decreto 87/2007 do 12 de abril, polo que se crea a reserva mariña de interese pesqueiro “Os Miñarzos”, no que quedan definidos os elementos esenciais que van a determinar o funcionamento da reserva, co obxecto de proporcionar unha ferramenta de xestión que asegure o uso sostible dos recursos no entorno do ecosistema mariño, e cunha filosofía de participación do
sector pesqueiro.
A ferramenta de xestión recóllese no Decreto 87/2007 do 12 de abril, modificado polo Decreto 240/2008 do 2 de outubro, no seu artigo 6º bis, no que se establece que o réxime de xestión da reserva se desenvolverá no marco dun Plan de Xestión que trate de forma conxunta e integrada todos os recursos mariños da zona delimitada pola REMIP “Os Miñarzos”.
Toda actividade profesional, tanto pesqueira coma marisqueira, que se vaia desenvolver dentro da reserva mariña queda suxeita ás medidas adoptadas no Plan de Xestión Integral, en concreto as mencionadas no Decreto 87/2007 do 12 de abril, modificado polo Decreto 240/2008 do 2 de outubro:
a) a pesca marítima profesional coas artes e aparellos tradicionalmente usados na zona: anzois, nasas, artes de enmalle, gancho para centola; nas modalidades tradicionalmente autorizadas e de conformidade co establecido no Plan de Xestión Integral;
b) a recollida de ourizos, navallas, poliquetos, anémonas, percebes, peneiras ou calquera outro recurso específico que se recolla no marco do Plan de Xestión Integral;
c) o marisqueo a pé e a recollida de algas;
d) a recollida de mexilla, que unicamente se poderá realizar mediante acordo entre as confrarías de pescadores do ámbito da reserva mariña e os concesionarios de bateas ou liñas de cultivo.
Para asegurar o cumprimento dos obxectivos establecidos no decreto de creación da reserva, constitúese un órgano colexiado para a xestión, seguimento e control. Na composición deste órgano vese representado o 50% por pescadores artesanais e o outro 50% por representantes da Administración, sen prexuízo de que nel participen, en función dos temas a tratar, outros actores que se poidan ver implicados na propia xestión da REMIP (técnicos, seguimento científico, etc.).
.jpg)







.png)
