Entrega de Premios do II Concurso de Literatura Mariñeira BueuINforma
O vindeiro venres 28 as 10:00 horas terá lugar a entrega de premios do concurso de Literatura Mariñeira de BueuINforma. Participaron alumnos de infantíl a 4º de ESO, de 6 colexios (Illa de Ons, A Pedra, A Torre, Johan Carballeira, Virxe Milagrosa todos do Concello de Bueu, e Colexio Sacro Corazón de Celanova) e o Instituto Naútico Pesqueiro de Bueu. En total seleccionáronse 131 traballos que foron subidos á web de BueuINforma. Destes traballos realizaranse até o martes 25 de maio votacións de 10 xuíces dos diferentes colexios participantes, a Confraría de Bueu e a Asociación os Galos de embarcacións tradicionais. O 26 de maio coñeceranse os gañadores de cada unha das categorías, así como os premios especiais ao Colexio máis participativo, a Papirus o Polbo do Colexio A Pedra e á iniciativa educativa vinculada ao mar máis prometedora. A asociación Vos Galos de Embarcacións Tradicionais publicará os traballos gañadores na súa revista.
Os premios serán entregados no salón de actos da Confraría de Bueu, na Rúa Rosalia de Castro. O acto comezará ás 10:00 horas e convidaranse aos gañadores, representates dos participantes, representantes de pais de alumnos e persoal da Consellería do Mar. Os premios serán entregados polo Patrón Maior da Confraría de Bueu, D. José Manuel Rosas.
Notas relacionadas:
.jpg)







.png)
