VIAXE AO CANADA

Datos do Autor
Curso: 
Primaria 2º ciclo

Era un día do mes do outubro e no porto de Vigo, o barco de “Maroanjoca” preparábase para saír faenar.  O seu destino eran os mares do Canadá.
O buque era grande de cor gris. Os mariñeiros eran metade rusos e metade galegos. O día da saída as familias foron despedir ao seus. Era un momento triste. Os cabos foron deamarrádose, e o barco saíu rumbo ao mar.
Cando xa chegaron aos caladoiros o primeiro día non se puideron lazar os aparellos porque o mar era moi bravo, ao seguinte día xa puideron comezar e así foi sen parar. Había moito frío e todo estaba conxelado. Os días foron pasando e as bodegas ían enchéndose de peixe. Había días mellores e días peores. As veces o aparello viña roto porque no fondo había rochas.
Chegou o día en que as bodegas estaban cheas  e era hora de regresar. Oito días de travesía para volver ao porto de Vigo. Todas as penurias da saída convertéronse entón en ledicia por volver ver ás súas mulleres e aos seus fillos. O entrar no peirao todos recoñeceron aos seus achegados. Os que máis berraban eran os pequenos tolos de ledicia por ter aos seus pais de novo con eles.
 

Imagenes: