UNHA MULLER MARIÑEIRA
Chámome Sabela e a miña nai é María Isabel e traballa no mar.
Temos claro que as mulleres poden traballar igual que os homes, pero a diferenza está en que elas tamén traballan na casa, lavan, pasan o ferro á roupa, fan a comida, van a compra, ocúpanse dos fillos, …Así é a miña nai.
Xa cando era nova quería estudar na Mariña Civil na Coruña pero ao seu pai non lle gustou a idea e estudou primeiro empresariais e logo administración. Co tempo casouse e nacemos meu irmán.
Pero era ela seguía coa teima do mar e apuntouse nun curso para sacar o título de mariñeiro. Agora traballa nas bateas e fai o mesmo traballo que calquera home. Ó principio os seus compañeiros axudárona e ensináronlle pero dende o primeiro día soubo levar ben o barco.
Esta é a miña nai e eu estou moi orgullosa dela.







.png)
