UNHA HISTORIA DE POLISÓNS

Datos do Autor
Curso: 
Primaria 2º ciclo

Esta historia puido ter ocorrido ou non, nun buque mercante con bandeira española e tripulación mercante, alá polo anos oitenta.
Este barco tiña unha misión aparentemente sinxela; transportar unha carga dende Angola a Siria. Nada lles faría pensar o que máis tarde ocorrería.
Non era un mar perigoso, pero aínda así todas as precaucións serían poucas. Repartiron e amarraron ben a carga nas bodegas pois xa sabían as consecuencias que pode supoñer un corremento de carga., bidóns e palletes sen control correndo de proa a popa e de babor a estribor, poñendo en perigo a estabilidade da embarcación e das súas propias vidas. Isto é  algo que se te ocorre unha vez na vida non es quen de esquecer xamais.
Pero esta non é a nosa historia. Ese día tras colocar a carga a carga , levaron áncoras rumbo Siria cunha escala en Marrocos e outra en Tunisia. Aínda que fosen mariñeiros experimentados, non podían evitar sentir unha certa emoción cando soaba a bucina que ordenaba a manobra de saír. Iso sempre lles lembraba que alá, dentro dos seus corazóns amaban o mar.
Ao día seguinte, o contramestre do barco baixou as bodegas ben cedo para asegurarse que todo estaba no seu lugar. Sentiu uns ruído e ao abrir a porta  do susto a mandíbula lle chegou ao chan  e os ollos lle saíron das órbitas. Era un auténtico lobo de mar, tiña cincuenta e cinco anos e dende os quince estaba navegando pero nunca na súa vida  vira algo semellante. Tres persoas lle miraban asustadas, encollidas nunha esquina da bodega. Eran negras como o carbón. O contramestre saíu correndo e gritando:
Capitán, capitán, polisóns, polisóns! Na bodega, na bodega!
Pronto a cuberta encheuse de xente e o ruído envolveuno todo. O capitán tivo que impoñer a súa autoridade e dixo:
Silenciooo! Escoitemos ao contramestre!
Tras oír a historia, capitán, oficiais e xefe de máquinas reuníronse para decidir que farían. Cederíanlle un camarote e ao chegar a Marrocos falarían coas autoridades para que os deportaran ao seu país. Pero o primeiro era darlles de comer. Foron buscalos ás bodegas, estaban moi asustados, tanto os polisóns coma a tripulación. Todos xuntos, subiron ao comedor. Os pobres estaban famentos.
Coas barrigas cheas empezaron a falar. Os seus nomes eran Walkindro, Wanolito e Joshua. Eran mozos angolanos, tan pobres que a súa única ambición era chegar a España para traballa e escapar da miseria. Que  desgusto se levaron cando se decataron que ese buque coa súa flamante bandeira española ía rumbo Siria! As lágrimas invadiron  as súas negras faces. Ao capitán deulle tanta pena que non foi quen de contarlle a súa intención de entregalos ás autoridades marroquís.
A viaxe foi tranquila e os polisóns foron integrándose. Divertíanse cos mariñeiros e insistían en cooperar nas labores do barco. Ao capitán cada vez se lle facía máis difícil levar a cabo a súa decisión de entregalos. Lle parecían boas persoas, traballadoras e ledos e con dereito a ter unha vida mellor, pero sabía que non entregalos era delito e poría en perigo  a súa carreira e a de toda a tripulación. Estaba obrigado a entregalos.
Cando estaban a punto de chegar a tripulación pediulle ao capitán que non os entregase, pois xa os consideraban os seus compañeiros. Algún propuxo que os enrolasen, pero o capitán xa tiña a decisión tomada.
Atracar en Marrocos foi fácil. Os tres polisóns estaban escondidos nos seus camarotes e o capitán gardou a chave para que ninguén cometese ningunha imprudencia.
Non lle importou quedar de malo. Dixo que ía ao consulado, cando en realidade deu un paseo por Agadir. Non ía entregalos, pero tampouco comprometería a súa tripulación.
Volveu contando, aparentemente enfadado, que o consulado non quería facerse cargo. Saíron daquel porto o máis rápido posible. Esa noite houbo festa no barco. O capitán non puido evitar sentirse feliz.
Tiña o seu plan trazado. Farían outra escala rápida en Tunisia, e a altura de Sicilia acercaríanse a unha praia para que a nado puidesen alcanzar a costa e así poder empezar unha nova vida en Europa. Contoullo á tripulación e todos estiveron de acordo. Chegaron á altura de Sicilia ao anoitecer. O mar estaba en calma e os tres polisóns estaban moi nerviosos. Por fin terían a súa oportunidade. A tripulación lle tiña preparado unha sorpresa, pois lle tiñan preparados uns paquetes con comida e algo de diñeiro. Quedáronse ata comprobar que alcanzaban terra.
Agora podédesme crer ou non. Pero e vos direi que o meu avó aínda sinte medo ao relatarme esta historia. Era un secreto gardado por un antigo capitán que agora é o meu querido avó.
                                       

Imagenes: