UNHA BONITA VIAXE

Datos do Autor
Curso: 
Primaria 2º ciclo

Hai moitos anos,  unha tarde de verán, o meu avó e eu fomos nunha barquiña cun pequeno motor ata as illas Ons.  Polo camiño vimos mexillóns, bateas, barcos e ata golfiños. A viaxe encantoume. Sacamos fotos. Todo me parecía interesante. Ao chegar fomos a un restaurante, ao burato do inferno e ata o faro. Cando volvíamos xa se estaba poñendo o sol e o mar estaba un pouco revolto pero asegúrovos que nunca me esquecerei desa tarde de verán.
                                                         

Imagenes: