UN TESOURO MARIÑO

Datos do Autor
Curso: 
Primaria 2º ciclo

Había unha vez un neno chamado Xabier que tiña dez anos. Xabier vivía en A Coruña, preto da Casa do Home. Tiña unha panda de amigos, xunto cos cales resolvía misterios.  Os seus nomes eran: Clara, Eduardo, Santiago e Sandra.
Un día paseando pola praia de Riazor, descubriron o que parecía un mapa dun tesouro e de feito o era. Segundo parecía, o tesouro estaba preto de alí.
Axiña Xabier dixo:
Por que non imos ás nosas casas, e collemos os nosos equipos de mergulladores?
Paréceme boa idea – contestou xabier.
A nos tamén nos parece ben.  engadiron ao unísono o resto dos compañeiros.
Aos vinte minutos xa estaban todos de volta na praia preparados para mergullarse e correron cara ao mar.
Imos aló – Dixeron á vez.
Estiveron moito tempo baixo o mar, buscando o cofre ata que por fin Clara berrou:
Xa o teño.
Pero os seus compañeiros non aparecía. Asustada volveu mergullarse. Cando pensaba que xo non os ía atopar  os mirou case afogados pendurados dunha gaiola que tiña un cartel que poñía: “ Hai que cambiar ao cervo para que se converta en outro animal.”
Clara estivo pensando un bo tempo e por fin decatouse.
Hai que cambiar o “e” polo “o”.
A gaiola desapareceu e Clara levou aos seus compañeiros para a praia. Contoulles que xa atopara o cofre e dispuxéronse a abrilo. Dentro atoparon unha carta que dicía:
“ Este cofre non ten nin ouro nin xoias. Nin tan sequera metais preciosos. Contén algo máis valioso.: A amizade. So os que atopen este tesouro permanecerán unidos por este sentimento. Cando un de vos se sinta so, non ten máis que premer a súa pedra e pensar nos seus amigos.
Que bonito!- dixo Sandra.
E as pedras tamén - exclamou Eduardo.
Imos coller unha cada un – propuxo Xabier.
Vale! – Contestaron felices os demais.
Finalmente, esqueceron as xoias e demais obxectos de valor ao decatarse que a partir de entonces estarían sempre unidos.

Imagenes: