O MAR III
Acércaste,
contándome ó oído,
milagres de miles de lendas,
que quedaron entre as túas augas.
Salpícasme con escumas,
cheas de misterios,
de outros tempos e distancias,
con lamentos de promesas,
que quedaron as súas palabras,
nos teus baixamares intensos…
E eu acércome,
e salpícoche,
sabéndome tan pequeno,
tan desconsoadamente rapaz,
tan só entre as miñas xentes cotiás,
que me arroian as túas mareas,
as túas ondas e as túas resacas.
De vez en cando respóndesme…
pero deseguido calas e esvaras,
nas areas da miña praia,
que agardan impacientes as túas respostas.







.png)
