DÚAS GRANDES AVENTURAS POLO MAR

Datos do Autor
Curso: 
1º e 2º de E.S.O.

O mar danos a vida, pero tamén no-la quita, é como todo na vida, ten dúas caras, unha boa e outra mala. Esa gran masa de auga salgada expandida por todo o planeta e a causante da vida, sen ela non existiríamos, debémosllo todo, pero así como anteriormente era bo, co tempo o seu caracrácter endureceuse e volveuse malvado; afundindo barcos, matando a tantos mariñeiros , que, aínda que os seus corpos descansen agora en paz, en terra firme, baixo unha tumba onde os seus familiares poden ir a chorar, a súa alma perdurará nos fondos dos mares, co amparo do bambaneo das ondas que un día foron as causantes da perda da súa vida.
    É o máis desconcertante de todo é quen sexa eu quen esté agora escribindo estas palabras, pois nunca fun mariñeiro nin chorei pola perda de algún. Mais aínda que ninguén da miña familia morreu no mar, o meu avó sí que sufriu un par de susto no gran azul que, afortunadamente, non cegaron a converterse en desgrazas e só quedaron en  vagos recordos na súa memoria. Eses sustos foron producidos por dous naufraxios que sufrira nos seus tempos como cociñeiro en barcos de alta mar.

    O meu avó, Manuel Soage Piñeiro, contárame que no amo 1965, o día exacto non se hembra ben, tivera que coller o barco  no portro de Vigo, chamábase o “Urkiola” que era de  procedencia vasca, lémbrase de que con el ían Anselmo e Tito, os seus veciños, entre uns vinte mariñeiros ó mando do patrón Juan Santos. 
    O “Urkiola” fora ó Cantábrico a pescar bonito el logo de rematar a faena viñan de volta pola costa de Fisterra.
    Eran as 6:00 do 6 de agosto do 1965 el eles ían en ruta bordeando a praia de Corrubedo o meu avó estaba durmindo, pois non precisaban o seu traballo no barco tan de madrugada, coma a moitos outros mariñeiros , cando, pouco antes de cegar a Sálbora, un vello barco de ferro vigués, que andaba á pesca do vou, chocou co seu ril, situada na proa para reforzala. Nese intre o barco tambaleouse brutalmente e meu avó espertouse insofacto, co corazón nun puño intenta saír dos camarotes a medida que notaba que o chan ía desestabilizándose pouco a pouco. Ó saír descubreu para a súa sorpresa que a madeira do costado do Urkiola cedera tras o choque e unha inmensa fenda comezaba a emanar auga salgada cara o barco coma quen preme unha ferida recente, facendo brotar sangue. O erudito correu cara a cubierta e, co seu alma en filo, deu un gran salto, fruto dun descargue de adrenalina, ata o barco pesqueiro causante da catástrofe. Os outros mariñeiros tamén foron salvados polo barco vigués chamado “ O Fantástico” polo que non se lamentan danos persoais, pero o Urkiola descendeu lentamente ata o fondo submariño hinchándose de auga pola súa ferida, xunto con todas as pertenzas e a carga do bonito, a 60 metros de profundidade.
     Ese día meu avó chegou desesperado ata a súa casa, abriu a porta impaciente e correu a xuntarse coa súa familia, a ledicia  foi tal que aínda hoxe  séguese emocionando  cando conta que viu a súa filla María de tan só dez anos e apresuradamente colleuna en brazos e con una efusiva aperta susurroulle ó oído <<por pouco perdes ó teu pai>> acompañado de dúas vágoas chispeantes.
    O segundo naufragio aconteceu no ano 1975. O me avó tivo que coller un  avión cara África onde estaba atracado o barco “Juan de Urbieta”  que aínda que era de Huelva sempre estivera navegando por augas africanas.
    No 6 de xullo do mesmo ano meu avó ía embarcar dende Luanda (Angola) en dito barco, que andaba o marisco. Ó mando do patrón Manolo Rivas e o xefe de máquinas Manuel Alfaya. Mentres preparaba a viaxe meu avó contoume con gran melancolía, coma aquela xente ía morrendo de fame, pois a guerra de Angola só lles trouxo desgrazas e, tamén contoume que un rapaz de raza negra ía xunto del para axudarlle na cociña do barco e, a cambio meu avó daballe unha barra de pan. Era un gran segredo, pois nesas terras era dificilísimo facer pan, ou topar víveres, e os que meu avó tiña baixo a sua supervisión era para os tripulantes, pero non podía soportar ver aquel rapaz coxo, morto de fame, enton, tomou a decisión de darlle o pan, aínda que tiña que afrontar o risco de que o rapaz mantivera absoluta discreción.
    A marea foi normal e sen ningún altercado pero despois da travesía tiñan que ir repostar gasoil e auga, mais Angola estaba en guerra e sabían que sería imposible conseguir gasoil alí, así que foron co barco ata Punta Negra. Alí chegaron ó crepúsculo do día, onde o sol, canso da sua lavor, ía deitarse polo horizonte. Alí, atracados no porto, meu avó vestiuse e puxo un pantalón curto e unha camiseta de tirantes, os tripulantes ían dar unha  volta polos arredores, cando, ó baixar a marea, a quilla tocou na repisa do muelle e o barco comezou a inclinarse inesperadamente, meu avó, atónito pola sorpresa, quedou paralizado obsevando como o barco ía xirando ininterrumpidamente de costado, e sen saber que facer, tirouse inmediatamente cara o mar soamente co que tiña posto pois non lle deu tempo a salvar outra pertenzas. Sen pensar en nada mais que a sua salvación, votouse a nadar convulso cara ás escaleiras do porto, ascendeu torpemente por elas, pois estaba tremendo, que quedou sentado no porto observando como os demáis mariñeiros ían poñéndose a salvo tal e como fixera él, e o Juan de Urbieta ía descendendo ata quedar volcado completamente en Punta Negra, o 3 de decembro de 1975.
    Esa noite os tripulantes durmiron noutro barco que estaba alí atracado e o meu avó prestáronlle a roupa. Ó día seguinte colleron un tren ás 4:00 da tarde cara Kinshasa. Estiveron día en noite percorrendo a selva no tren ata que chegaron ás 2:00 a un hotel. Alí estiveron retidos duas semanas pois preto de alí estaba o río Congo que facía fronteira con Zaire, país no que estaban, e os separaban da guerra entre o Congo Belga e o Congo francés. Despois de tantos días conseguiron un avión para que os trouxera de volta á casa a tempo para Nadal. Alí, miña tía Gloria de 11 anos e miña nai de 10, recordan como o seu pai chegara a casa delgado, barbudo e cunha roupa que non eral del e que lle quedaba grande, estrañáronse pois, a primeira vista non o coñecían e pensaban que era un estraño, pero miña avoa sí sabía ben quen era e todos fundíronse nunha gran aperta.
    Estas foron as dúas aventuras que meu avó vivira no mar das que saiu delas con vida e afortunadamente hoxe está aquí para contalo.

Imagenes: