III CONCURSO DE LITERATURA MARIÑEIRA MARUSIA DE BUEU 2010-2011
En primeiro lugar debes consultar as bases do concurso que se detallan nesta páxina: (tamén en PDF)
Para enviar o teu traballo directamente a través da web, deberás estar rexistrado na mesma.
Rexistrarse como usuario
Unha vez feito isto, poderás enviar o traballo usando o seguinte enlace (é preciso iniciar sesión co teu nome de usuario e contrasinal).
Bases Concurso de Literatura mariñeira:
MARUSÍA DE BUEU (TURISMO MARIÑEIRO) 2011.
PARTICIPANTES. Poden participar neste concurso os escolares pertencentes aos niveis de infantil, primaria, secundaria obrigatoria (ESO), PCPI e bacharelato, escolarizados nos centros de:
Instituto de educación secundaria Illa de Ons
Instituto de educación secundaria Johan Carballeira
Colexio concertado Virxe Milagrosa
Colexio de educación infantil e primaria A Pedra
Colexio de educación infantil e primaria da Torre-Cela
Colexio de educación infantil e primaria Montemogos de Beluso
Escola Nautico Pesqueira de Bueu
CEIP Santa Lucía de Moraña
Tamén o poderán facer aqueles escolarizados noutros centros que residan no Concello de Bueu.
NIVEIS. En función dos cursos establécense oito categorías de participación:
- Infantil
- Primaria
- 1º ciclo
- 2º ciclo
- 3º ciclo
- 1º y 2º de ESO
- 3 Y 4º de ESO
- Bacharelato
- PCPIs
TEMÁTICA E EXTENSIÓN.
Haberá dous temas principais, valorados de forma independente:
- A literatura mariñeira en todos os seus ámbitos.
- Traballo sobre investigación relativa ao mar da Ría de Pontevedra (pesca, marisqueo, medio
físico, etc.)
Os alumnos de infantil e 1º ciclo de primaria realizarán un traballo colectivo por clase de formato libre.
Os traballos serán presentados en soporte dixital (Word, OpenOffice, etc.). Os traballos non poderán ocupar máis de dúas páxinas, con espaciado sinxelo, tamaño de letra 10 e tipo de letra Century Gothic.
As persoas que queiran participar no concurso deberán colgar os traballos na web do proxecto na temática na que participan. Os participantes deberán rexistrarse na web www.bueuinforma.org. Na sección de concursos habilitarase un formulario onde se introducirán os datos persoais do participante, e solicitarase o texto a presentar, que debe conter no encabezado un título. Poderase colgar, se o autor o deséxa, unha fotografía relacionada coa temática (sempre que non supere o tamaño máximo de 400 pixels no seu lado máis longo, e un peso non maior de 250kb). Na web danse instrucións de como realizar a subida dos traballos. Se o autor o prefíre pode remitir o seu traballo (en formato electrónico, segundo as especificacións descritas e cos datos persoais incluíndo o colexio, curso e un teléfono de contacto) á dirección: info@bueuinforma.org, e o seu traballo será colgado na web. Só se valorarán aqueles traballos que cumpran coas bases do presente concurso.
PRAZO. Aceptaranse traballos ata o 4 de novembro de 2011. Infantil e primaria poderá entregar os traballos ata o 12 de decembro de 2011.
PREMIOS. Establécense os seguintes premios:
Entregarase un premio ao mellor traballo de cada categoría. As categorias de primaria e primer ciclo de primaria recibirán un premio colectivo.
O Xurado poderá conceder accésits ou mención individuais e/ou colectivas.
XURADO. Establécese un único Xurado para a concesión dos premios. As súas decisións serán inapelables e estará composto polas seguintes persoas:
Profesores representantes de cada un dos colexios
Representantes da Confraría de pescadores San Martiño de Bueu
Invitarase a técnicos da Consellería do Mar
Invitarase a técnicos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Os traballos serán postos na páxina web do proxecto e valorados mediante o uso de Internet. Cada membro do xurado valorará do 1 (mínimo) ao 10 (máximo) cada traballo. Os gañadores serán os que obteñan a maior puntuación media. En caso de empate o xurado decidirá en segunda votación o traballo gañador.
Na valoración teranse en conta aspectos como: orixinalidade, estrutura, presentación e relación coa temática proposta.
FALLO E ENTREGA DE PREMIOS. O fallo do xurado farase público durante o mes de novembro e decembro no caso de traballos de primaria e infantil. Os premiados e a data de entrega de premios será comunicada na páxina web www.bueuinforma.org.
FINAL. A participación neste concurso implica a aceptación de todos os puntos contidos nas BASES da convocatoria. Os traballos presentados seguirán sendo propiedade dos seus autores. Unha copia dos mesmos entregarase á Consellería do Mar. Unha copia dixital será posta na páxina web do proxecto, nun primeiro momento co pseudónimo do autor, para posteriormente poñer os seus datos se así o desexa.
Calquera incidente coa convocatoria será resolto polos profesores pertencentes ao xurado, e os representantes da Confraría de Pescadores de Bueu.







.png)
