Sonic e os seus amigos
Enviado por admin en Mar, 06/05/2008 - 16:45.
SONIC E OS SEUS AMIGOS
Había unha vez un cabaliño de mar chamado Sonic que decidira ir a pasear cos seus amigos cangrexos Brais.
Atopáronse un peixe azul pequeno, un polbo, unha estrela, unha
raia, unha xoaniña e unha bolboreta tomando o sol enriba dunhas baleas
e preguntaron se querían ir con eles ao país das focas.
Moi contentos foron visitar ás súas amigas e cando mellor o
estaban pasando... oooh!!!, unha gran tormenta escura, misteriosa, con
moitos raios e tronos puxo en perigo a súa vida. Pobres bolboreta e
xoaniña, que molladiñas quedaron.
Cando por fin amainou e viron as focas fixeron unha gran gran festa e invitaron a tódolos animais do Polo Sur.
E colorín colorado, este conto está rematado e o que non se poña en pé quedalle o cu pegado.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios










