¿Que é BueuInforma?
BueuINforma é un proxecto de divulgación da cultura mariñeira e formación no seu posto de traballo (in-situ) para pescadores da Confraría de Bueu. Ademais pretende a mellora das capacidades de acción colectiva dos pescadores/as e mariscadores/as do Concello de Bueu.
BueuINforma está cofinanciado pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, mediante a orde do 6 de marzo de 2007 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento de concesión de axudas para a realización de proxectos de promoción sociocultural e divulgación nas comunidades pescadoras e o sector pesqueiro.
BueuINforma pretende ser un referente na divulgación da cultura mariñeira, un activo da sociedade galega, pouco coñecido e que é necesario transmitir.
Un dos seus obxectivos é poder servir como soporte educativo para a realización de actividades sobre pesca responsable, cultura mariñeira, etc. a outros centros de ensino e Confrarías de Galicia. É por iso que BueuINforma está aberto á participación activa de calquera centro de ensino ou Confraría de Pescadores (inclúense aquí cooperativas, organización de produtores, asociacións, agrupacións, etc.).
Para resolver calquera dúbida ou realizar achegas pode contactar a través de correo electrónico coa organización do proxecto facendo clic no seguinte botón:
, ou coa Confraría de Pescadores San Martiño de Bueu, Tfno: 986 320253.
BueuINforma Barco pescando polbo no oeste de Ons










