Participantes

Confraría de Bueu
C/Avd. Montero Ríos S/N (Edif. Lonxa)
36930 BUEU
Pontevedra
Tlf: 986320253
Fax: 986320679
Mail:
Web:www.cofradiabueu.org

Colexio Virxe Milagrosa
Rúa Pazos Fontenla, 55
36930 BUEU
Pontevedra
Tlf: 986320143
Fax: 986322556
Mail:
Web:www.colexiovirxemilagrosa.org

IES Johan Carballeira
Rúa Do Instituto 4
36930 BUEU (San Martin de Afuera p.)
Pontevedra
Tlf: 986323270
Fax: 986323071
Mail:
Web:centros.edu.xunta.es/iesjohancarballeira

IES Illa de Ons
Rúa Ramón Bares, s/n
36930 BUEU
Pontevedra
Tlf: 986324130
Mail:
Web:centros.edu.xunta.es/iesilladeons

CEIP A Pedra de Bueu
Rúa da Pedra, 26
36930 BUEU
Pontevedra
Tf./Fáx 986320050 (E.Primaria)-Tf. 986322901 (E.Infantil)
Mail:
Web:centros.edu.xunta.es/ceipapedra

CEIP A Torre Cela
Rúa Torre, 75
36939 BUEU
Pontevedra
Tf./Fáx 986321058
Mail:
Web:centros.edu.xunta.es/ceiptorrecela

CEIP Montemogos Beluso
Montemogos s/n
Beluso
Pontevedra
Tf. 986 321221
Mail:
Web:Blog CEIP Montemogos Beluso

CEIP MONTEMOGOS BELUSO

 


Breve historia da Confraría de Bueu.


Situado a marxe sur da boca da Ría de Pontevedra, Bueu presenta unha diversificación do mercado laboral na que a pesca mantén unha alta significación con respecto a outros sectores (Fonte Axencia Galega de Desenvolvemento Rural). Este sector emprega ao 30% da poboación ocupada, representando o valor máis alto dos municipios da Comarca o Morrazo e un 11% superior á media do mesmo (Fonte INE 2001). A actividade pesqueira fortalece a creación de emprego noutros sectores (por exemplo Servizos), valora o municipio como centro turístico dadas as características artesanais da pesca desenvolvida e incentiva a fixación da poboación. Segundo datos do Padrón no ano 2006 habitaban a poboación 12.537 persoas (Fonte: Instituto Galego de Estatística), polo que se pode considerar como pequena e altamente dependente da pesca. A Confraría de Pescadores de Bueu foi fundada o 29 de setembro de 1924, segundo Regulamento que leva data do 21. Nun principio o seu domicilio social radicaba na rúa Praia nº 100 da vila.


É unha corporación de dereito público, sen animo de lucro, dotada de personalidade xurídica e capacidade de obrar, para o cumprimento dos fins e o exercicio das funcións que lle están encomendadas, que actúa como órgano de consulta e colaboración coa Administración na promoción do sector pesqueiro e representa os intereses económicos e corporativos dos profesionais do sector, de acordo cos principios de observancia da legalidade, transparencia contable e democracia na súa estructura interna e funcionamento.


Na actualidade situase no porto de Bueu, contando con unhas instalacións modernas e equipadas. Conta con 300 socios que desenrolan actividade pesqueira e marisqueira na costa dende Cabo Silleiro ata Corrubedo. A flota artesanal de Bueu esta integrada por 137 embarcacións (Fonte: Confraría de Bueu, xaneiro 2007), a maioría (90%) de menos de 12 metros de eslora que desenvolven a súa actividade en caladeros próximos á costa (pesca do día). Son moi importantes póxaa de polbo, percebe e navalla con descargas anuais de 200.000, 13.000 e 29.000 kg respectivamente. A Confraría de Pescadores San Martiño de Bueu explota a lonxa cunha facturación de media 3 mill. de euros.

 

www.cofradiabueu.org