Obxectivos xerais do proxecto
Anualidade 2009-2010:
I.Divulgación da cultura mariñeira nos colexios e institutos (6) do Concello de Bueu en especial, e á sociedade en xeral, mediante a xeración de contidos e talleres destinados a tal fin. A creación do PCPI foi un importante éxito do proxecto no ano 2008(ver obxectivos e accións do 2008).
II.Recuperación dos nomes e toponimia así como o coñecemento tradicional asociado no ámbito da Confraría de Pescadores de Bueu (inclúe as Illas Ons e Onza).
| Obxectivos Acción I | Obxectivos Acción II |
Anualidade 2008:
Executar accións de promoción, formación e divulgación de:
- Pesca responsable
- Boas prácticas medioambientais na pesca
- Comercialización
- Diversificación económica do sector pesqueiro
- Trazabilidade
- Calidade de productos pesqueiros
- Organización sectorial
- Novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao mar
- Identificación de riscos (Prevención aplicada)
- Xestión pesqueira (Reservas, protección, etc.)
Dirixido a pescadores, pescadoras, mariscadores, mariscadoras e escolares do Concello de Bueu directamente, e indirectamente ao resto de persoas interesadas de Galicia mediante ferramentas on-line.
| Obxectivos Acción I | Obxectivos Acción II | Obxectivos Acción III |

















