Obxectivos Accion II (Metodoloxías de asemblea, autodiagnose de necesidades e propostas de accións colectivas)
Anualidade 2009-2010:
Recuperación dos nomes e toponimia así como o coñecemento tradicional asociado no ámbito da Confraría de Pescadores de Bueu (inclúe as Illas Ons e Onza).
Anualidade 2008:
O obxectivo xeral é incidir na mellora das capacidades de acción colectiva dos colectivos vinculados ao sector do mar no municipio, como potencialidade para a adaptación ao cambio e a mellora continua. Este obxectivo parte das premisas seguintes:
- O sector está nun momento de transformación que require dun esforzo de adaptación por parte das persoas que están vinculadas a el.
- A implicación das persoas é central para a disposición e a asunción de novas formas de facer e relacionarse. Neste sentido é importante incorporar e tomar en conta as diferentes posicións (as particularidades dos subsectores, as posicións de propietarios vs. asalariados, etc.)
- Para posibilitar esa implicación requírese dun traballo participativo que recolla as necesidades vivenciadas polas persoas e abra espazos de creatividade colectiva na definición de novos obxectivos e de novas limas de acción.
Polo tanto, contén os seguintes obxectivos específicos:
- Ampliar o auto-coñecemento sobre a realidade do sector, creando espazos de intercambio de coñecementos dados polas diferentes posicións.
- Dotar de sentido propio as novas necesidades que se formulan desde as diferentes perspectivas: produtivas, ambientais, de seguridade, laborais...
- Fomentar a creatividade colectiva na busca de solucións viables aos problemas detectados. Tirar proveito do potencial local.
- Capacitar en técnicas de asembleas e reunións, en técnicas de análise colectiva e en creatividade e ordenación de propostas de acción.
BueuINforma Percebeiros de Bueu na Illa de Ons, Liñeiros (Foto:A.Garazo)

















