Obxectivos Acción I (Formación In Situ)
- Identificar carencias formativas reflectidas no exercicio diario da actividade pesqueira.
- Formar e divulgar novos aspectos sobre as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) e a súa aplicación nunha pesca máis responsable (xestión, representación e organización).
- Fomentar a pesca responsable mediante o cambio de actitudes ou pautas actualmente estendidas.
- Transmitir a necesidade dun cambio de actitude fronte a determinados procesos que integran a cadea extractiva na pesca artesanal.
- Identificar áreas ou espazos litorais nos que ou sector pense que debería existir algún grado de protección da pesca.
- Incrementar o valor das boas prácticas na pesca como valor seguro de continuidade da actividade profesional pesqueira.
BueuINforma Redeiras no Porto de Bueu (Foto: G. Macho)













