** Manual Asembleas Confraría Bueu
Enviado por agarazo en Lun, 15/10/2007 - 23:05.
Son moitos os ámbitos nos que se desenvolven asembleas: de feito son a base das organizacións democráticas (asociacións, cooperativas, etc.). E son aínda máis os ámbitos nos que as xuntanzas son ferramentas habituais para articular o traballo en equipo. Sen embargo, non existe unha divulgación xeral das técnicas que facilitan o desenvolvemento eficaz e satisfactorio deste tipo de traballos colectivos. E esta carencia de referentes técnicos tradúcese case sempre en moitos problemas: as xuntanzas son moi longas e pouco produtivas, desenvólvense de forma pouco participativa ou ata antidemocrática, resultan pesadas e pouco atraentes, entre outras moitas eivas.
Estes problemas poden resolverse, en parte, coa práctica, coa acumulación de experiencia de participación en xuntanzas. Con todo, tamén é moi común entre colectivos con longa traxectoria organizativa e que desenvolven xuntanzas moi a miúdo atoparse con problemáticas moi básicas non resoltas, e polo tanto con obstáculos permanentes. Pensamos, pois, que se fai precisa a adquisición de certo coñecemento técnico, e tamén de adestramento. A isto pretende contribuír o libro que tes entre mans.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| manualAsembleasConfrariaBueu.pdf | 2.95 MB |
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios










