* BueuINforma na Radio Televisión de Galicia (CRTVG). Programa "Mil Ribeiras".
A confraría de Bueu acaba de iniciar un interesante proxecto: BueuInforma. Para que nos explicasen de qué vai, falamos co director comercial e de calidade do pósito, Alberto Garazo, e coa directora do IES Illa de Ons, Concha Solano.
“Tres ramas: formación aos socios en asemblearismo,
para tomar decisións de xeito máis efectivo;
formación laboral in situ, os profesores van nos barcos
cos mariñeiros para aproveitar mellor e de xeito máis cómodo o tempo;
e de concienciación social.
Traballan cos centros educativos para mellorar a imaxe da profesión,
que coñezan a cultura do mar, o seu impacto na economía,
as súas posibilidades como saída laboral digna.
En Bueu hai máis de 130 embarcacións que van sobre todo ao polbo e ao marisco.
O 30% da poboación depende directamente do sector pesqueiro”
Programa da Radio Galega "Mil Ribeiras".
5 decembro 2007.














