Octopus vulgaris

Polbo (Octopus vulgaris) na praia de Mourisca (Foto: Garazo).
O polbo é o recurso mais importante da flota buenense. Captúrase principalmente con nasa de polbo. Na actualidade a Confraría atópase implantando unha marca colectiva que garanta a calidade e orixe do polbo capturado nas Rías Baixas. É unha medida que permitirá a compradores e consumidor final garantir a trazabilidade e calidade do produto que adquiren. A poxa do polbo en Bueu realízase a partir das 18:30 horas. Previa á mesma realízase a clasificación por pesos das capturas e a etiquetaxe dos polbos de forma individual baixo a marca "Polbo dás Rías. Pesca artesanal".
Se queres coñecer máis sobre a bioloxía ou a pesca do polbo en Galicia consulta a publicación: A PESCA DE POLBO COMÚN (Octopus vulgaris) CON NASAS NA COSTA GALEGA (1999-2004), editada pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (ano 2006). Visita tamén a zona de documentación desta web.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
- Thumbnail














