O sector do plan da navalla (Ensis ensis) da Ría de Pontevedra participa na certificación da pesqueira da Navalla por MSC
O pasado 12 de maio do 2009 Rupert Howas (Director Xeral de MSC), Nicola Gichox (Xerente para Europa de MSC), José Luís García (Director Programa Mares de WWF) e Raúl García (Responsable de Pesca de WWF)visitaron a localidade de Bueu para coñecer de primeira man a actividade pesqueira artesanal en xeral, e a actividade en torno ao Plan Conxunto da Navalla, Longueirón e Longueiron vello da Ría de Pontevedra (no que participan as Confrarías de Bueu, Marín, Lourizán, Pontevedra, Raxó, Sanxenxo e Portonovo). A súa visita prodúcese unhas semanas despois de que o Plan Conxunto da Navalla da Ría de Pontevedra consiga superar a Pre-avaliación para a súa certificación como pesqueira MSC.
Durante a visita os esponsables de MSC e WWF puideron coñecer ao sector extractivo da navalla, os métodos de extracción, as instalacións da Confraría de Bueu e o seu porto. Ademais en reunión co sector puideron atender as dúbidas do sector e explicar a política e éxitos do certificado MSC.
----------------------
El pasado 12 de mayo del 2009 Rupert Howas (Director General de MSC), Nicola Gichox (Gerente para Europa de MSC), José Luis García (Director Programa Mares de WWF) y Raúl García (Responsable de Pesca de WWF) visitaron la localidad de Bueu para conocer de primera mano la actividad pesquera artesanal en general y la actividad en torno al Plan Conjunto de la Navaja, Longueirón y Longueiron vello de la Ría de Pontevedra (en el que participan las Cofradías de Bueu, Marín, Lourizán, Pontevedra, Raxó, Sanxenxo y Portonovo). Su visita se produce unas semanas después de que el Plan Conjunto de la Navaja de la Ría de Pontevedra haya conseguido superar la Pre-evaluación para su certificación como pesquería MSC.
Durante la visita los esponsables de MSC y WWF pudieron conocer al sector extractivo de la navaja, los métodos de extracción, las instalaciones de la Cofradía de Bueu y su puerto. Además en reunión con el sector pudieron atender las dudas del sector y explicar la política y éxitos del certificado MSC.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------
NOTICIAS RELACIONADAS: NOTA DE PRENSA DA CONSELLERÍA DO MAR
Os plans de explotación da navalla da Ría de Pontevedra e da ameixa da Cooperativa Ría de Arousa, as primeiras pesqueirías españolas que poden obter a certificación da Marine Stewardship Council (MSC)
▪ A pesqueiría da navalla e a da ameixa foron sometidas a un exhaustivo exame para superar o proceso de pre-avaliación desta certificación ambiental coñecida a nivel mundial
▪ En breve darán comezo os traballos para iniciar a avaliación completa de cara a poder acadar o selo MSC para pesqueirías sostibles para estes dous recursos
▪ A Marine Stewardship Council é unha organización internacional sen ánimo de lucro creada en 1997 para contribuír a mellorar a saúde dos océanos, recompensando as prácticas de pesca sustentable
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2009.
As confrarías de Portonovo, Sanxenxo, Raxó, Pontevedra, Lourizán, Marín e Bueu, a través do plan de explotación conxunto para a navalla da ría de Pontevedra, así como a Sociedade Cooperativa Galega Ría de Arousa, cun plan de explotación para marisqueo a pé e a flote adicado á ameixa, son as primeiras entidades españolas do sector pesqueiro en superar o proceso de pre-avaliación da xestión das pesqueirías segundo o rigoroso estándar medioambiental da Marine Stewardship Council (MSC- Certificado de sustentabilidade e bo manexo pesqueiro).
Ademais, co apoio da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, xa se está a traballar para que ambos os dous plans entren no proceso de avaliación completa de cara a acadar esta certificación, que garante que o produto provén dunha pesqueiría correctamente xestionada e que non provoca problemáticas de carácter medioambiental ou sobre explotacións.
Os integrantes do plan de explotación de navalla na ría de Pontevedra e os da Sociedade Cooperativa da Ría de Arousa desenvolven esta iniciativa, en colaboración coa Administración pesqueira galega, conscientes da necesidade de asegurar o seu futuro a través dun proceso que optimiza a súa actividade e que garante, a través dun estrito control, o seu modo de vida.
O obxectivo principal é atopar un modelo de xestión e explotación máis eficaz que permita a sustentabilidade a longo prazo dos recursos mariños e a súa comercialización.
O plan de explotación conxunto para a navalla na Ría de Pontevedra naceu no ano 2000 impulsado polas confrarías de Portonovo, Sanxenxo, Raxó, Pontevedra e Lourizán pero non é ata o ano 2002 cando se unen as confrarías de Bueu e Marín. Na actualidade, traballan na explotación da navalla un total de 43 mergulladores que dispoñen de 29 embarcacións coas que desenvolven a súa actividade nos fondos intermareais, ata os 12 metros de profundidade, da Ría de Pontevedra e das Illas de Ons e Onza.
Pola súa banda, a Sociedade Cooperativa Galega Ría de Arousa está formada por 416 socios que xestionan unha autorización administrativa para a explotación de moluscos bivalvos entre Punta Portomouro e Punta Pedra Rubia, no concello de Boiro. En 1996 puxeron a funcionar un criadoiro de ameixa e ostra co fin de sementar as súas praias coa súa propia semente, medida encamiñada a colaborar na sustentabilidade da pesqueiría.
Pre-avaliación favorable
Para acadar a certificación MSC tanto o plan de explotación da navalla como o de marisqueo a pé e a flote da ría de Arousa, foron sometidos a unha pre-avaliación cunha certificadora internacional independente. Trátase da Organización Internacional Agropecuaria (OIA), unha empresa arxentina pioneira na certificación e que se distingue polas súas acreditacións e avais internacionais, o que permite o acceso dos produtos que certifica aos mercados máis esixentes.
Tras ter acadado un resultado favorable na pre-avaliación, que supón o bo facer e o recoñecemento a unha boa xestión pesqueira, agora estase a traballar tamén para poder iniciar o proceso de avaliación completa.
De conseguirse finalizar de xeito positivo este último paso, a navalla capturada polos mergulladores da Ría de Pontevedra e a ameixa recollida polos mariscadores arousáns terán opcións de contar coa eco-etiqueta distintiva da MSC, que garante tanto o desenvolvemento sustentable da xestión pesqueira como un comercio xusto.
Marine Stewardship Council
A Marine Stewardship Council é unha organización internacional sen ánimo de lucro creada en 1997 para contribuír a mellorar a saúde dos océanos, recompensando as prácticas de pesca sustentable. Este organismo xestiona o único programa de certificación medioambiental e eco-etiquetado mundialmente recoñecido para pesqueirías salvaxes, que se basea no Código de Conducta para la Pesca Responsable da Organización de Naciones Unidas para la Agricultura y la Alimentación (FAO).
A certificación MSC é por tanto a única para alimentos de orixe mariño que se rexe por este código de conduta e que cumpre totalmente coas directrices da FAO no que a eco-etiquetado de produtos da pesca se refire. Estas directrices requiren que a certificación de pesqueirías e os programas de eco-etiquetado teñan en conta a obxectividade, a transparencia e a independencia, a consulta coas partes interesadas, un enfoque científico, así como un estándar de tres niveis baseado na sustentabilidade das especies, os ecosistemas e as prácticas de xestión.
Actualmente existen no mundo 39 pesqueirías certificadas por MSC dende Alaska ata Nova Zelandia. Ademais, un total de 101 atópanse en fase de avaliación e 30 no proceso inicial de pre-avaliación. As pesqueirías certificadas ou en proceso de avaliación abranguen unha trintena de especies entre as que se atopan o bacallau, o salmón, a caballa, a pescada, a lagosta ou as vieiras, entre outras
-----------------------------------------------------------------------------------------------------
NOTICIAS RELACIONADAS: NOTICIA FARO DE VIGO
La ría de Pontevedra centra un estudio científico para avalar la extracción sostenible de la navaja
Los expertos evalúan las corrientes, ciclos reproductivos, contaminación y ya tienen un mapa de los fondos de la ría
DAVID GARCÍA - O MORRAZO La ría de Pontevedra es en la actualidad
el escenario en el que se desarrolla un estudio sin precedentes y
con el que se quiere demostrar de manera científica la viabilidad y
sostenibilidad en la extracción de un recurso pesquero, en este caso la navaja.
La iniciativa resulta especialmente importante por la gran cantidad de
variables que se deben analizar –las corrientes marinas, ciclos reproductivos o
contaminación– como por el hecho de que no existe ningún trabajo de estas
características sobre una especie de la pesca tradicional. El estudio está
directamente relacionado con el objetivo de conseguir para este producto el
sello de internacional de la Marine Stewardship Council (MSC), que avala la
sostenibilidad del recurso y las buenas prácticas pesqueras.
Las cofradías que forman parte del plan conjunto de explotación –Bueu, Portonovo, Sanxenxo, Raxó, Lourizán, Marín y Pontevedra– ya superaron la preevaluación. La segunda y definitiva fase evalúa básicamente tres aspectos: el empleo de técnicas respetuosas con el medio ambiente, la gestión pesquera y el conocimiento de los bancos de recurso.
Los dos primeros apartados no deberían ofrecer ningún problema: la navaja se extrae de forma manual, de una en una, y porque la normativa pesquera de Galicia es de las que mejor funciona. Los biólogos de la Cofradía de Bueu apuntan que el problema está a la hora de avalar científicamente el estado del stock, es decir, saber cuanta navaja tenemos y garantizar su evolución. Esto es algo muy complicado de demostrar con datos científicos, por lo que el estudio que se está realizando busca como sustento Información de carácter cualitativo y que proceda de una amplia variedad de factores.
Así, el trabajo que se está llevando a cabo abarca análisis sobre el ciclo reproductivo de la navaja y de sus larvas. Con ellos se pretende determinar cómo se forman los bancos de marisco, el comportamiento de las larvas una vez que son expulsadas al mar y se fijan, si existen diferencias en el proceso reproductivo del bivalvo en función
de si el banco de producción está en el exterior de la ría o en el fondo de la misma. También se está realizando un estudio de la hidrodinámica de la Ría de Pontevedra, para ver cómo afecta la distribución de las corrientes a los lugares en los que se concentra el recurso. La relación de estudios comprende además uno sobre el desarrollo de la navaja, para determinar en que puntos crece mejor, y otro sobre los sedimentos de los fondos.
El proyecto incluye la elaboración una completa batimetría de la Ría de Pontevedra, que viene a ser el equivalente a un mapa de los fondos marinos y cuya elaboración ya ha concluido. En estos momentos, los biólogos están trabajando en la delimitación de los distintos bancos de navaja, una tarea importante porque lo que existe ahora es una
división de zonas de explotación y que se hizo desde la superficie, lo que no ofrece una idea exacta. Finalmente, se realizará una evaluación de cada uno de esos bancos, para comprobar la densidad de población, su talla y su distribución, y un informe de riesgos de contaminación para conocer cuales son los lugares más expuestos.
Aunque el punto de partida de todo este trabajo es el recurso de la navaja, las conclusiones de los diversos estudios que lo componen pueden ser válidas y extrapolables a más especies de la Ría de Pontevedra y de otras rías.














