O salón de actos da Confraría de Bueu acolle unha exposición do antropólogo Staffan Mörling

Estará no salón de actos da confraría de Bueu -sito na Rúa Rosalía de Castro, número 4- ata o vindeiro 31 de agosto. A directora xeral de Innovación e desenvolvemento Pesqueiro, Fátima Linares, estivo nesta reinauguración e destacou que o interese da Consellería de Pesca pasa por "valorizar as tradicións das comunidades pesqueiras tradicionais" e mostrouse convencida de que este tipo de actividades redundan nun "aumento da autoestima dos pescadores, que ven como a súa actividade suscita interese no resto da xente". Mörling non puido estar presente xa que aínda está en Suecia, pero si acudiu na súa representación o seu fillo Lorenzo.
A exposición pode visitarse de martes a domingo, en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 21.30 horas.

Nova de Faro de Vigo no documento adxunto.

 

AdxuntoTamaño
exposición steffan morling bueu.pdf233.79 KB