Plan de recuperación do Banco marisqueiro dos Lombos de Ulla

Neste traballo preséntase o resultado de catro plans anuais de explotación marisqueira levados a cabo dentro do plan de actuación para a recuperación do Banco Lombos do Ulla financiado pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia. Este proxecto contemplou a xestión dos recursos marisqueiros a través de Plans de Explotación Experimentais. Nestes plans, fixáronse normas de traballo e distribuír o esforzo ao longo das campañas extractivas mediante o establecemento de datas de inicio e finalización das campañas, cotas máximas de captura por persoa e día, e rotacións entre zonas de explotación nas que se dividiu o banco.
A implementación dos plans de explotación fixo necesario avaliar o tamaño dos stocks, antes do inicio e unha vez finalizadas as campañas extractivas, e tamén o control da actividade para asegurar o cumprimento das normas. O sistema de control establecido permitiu, ademais, observar a evolución das capturas por unidade de esforzo, analizar a distribución de tallas dos exemplares extraídos, e coñecer a fluctuación dos prezos de primeira venda do marisco capturado. A análise de toda esta información realizouse en tempo real, de maneira que os parámetros fixados no plan de explotación puideron ser modificados ao longo das campañas extractivas (2002-2005), en función dos Resultados obtidos diariamente, co fin de adaptar os plans ás condicións de cada momento e optimizar o rendemento biolóxico e económico do banco marisqueiro.

Revista Galega dos Recursos Mariños

Parada, J.M., Molares, J., Sánchez-Mata, A., Martínez, G., Darriba, C. & Mariño, J. 2006) Plan de actuación para la recuperación del banco “Lombos do Ulla”: Campañas marisqueras desde 2002 a 2005. Revista Galega dos Recursos Mariños (Art. Inf. Tecn.) 1(1): 1-37.

 

AdxuntoTamaño
ParadaetalRGRM_AIT1_1_2006.pdf2.61 MB