A vela á Virxe do Carme
Esta historia ocorreulle hai moitos anos ó pai da miña veciña Amelia. Chamábase José Miranda González aínda que todos o coñecían como o "O Lourán".
El ía pescar todos os días na súa dorna.O Lourán non despreciaba nada do que pescaba pero o que máis collía e apreciaba era o polbo, o choco e a maragota. A arte de pesca que usaba era a liña.
Nun dos seus días de traballo, ía pola ría de Aldán e intuía que aquela tormenta que vía que ía levantarse, podíalle ocasionar algún problema. Daquela bogaba na súa pequena e querida dorna cara Cornido e comezou a sentir moito medo polo que lle podería ocorrer á súa familia se el desaparecía.
As ondas xa batían contra a súa dorna e tamén contra o penedo. O ceo estaba totalmente escuro e a chuvia empapáballe a roupa. Cavilando na sorte que lle podía acontecer a el e á súa familia encomendouse á Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros, e prometeulle que se chegaba san e a salvo iría á igrexa e acenderíalle unha vela na súa honra.
Pasado un tempo que a el lle pareceu moi longo, por fin deuse conta de que estaba perto da súa querida casa e que estaba san e salvo, comprendeu entón que a Virxe do Carme cumplira a súa apromesa.
Cando chegou a terra colleu todo o que pescara en cestas e foi descalzo , como de costume, xa que antes non había calzado, polo monte de enfronte da pedra do cabalo.
Na lonxa vendían todo a pataco ou a chica aínda que agora iso parece moi barato.
Dous días despois , foi á igrexa de Beluso e cumpriu a súa promesa. Desde ese aquel día fíxose moi deboto da Virxe do Carme e sempre que ían cobrar deixaba unha parte da ganancia para a festa da patroa dos mariñeiros.
A min esta historia paréceme moi interesante porque explica que antes a vida era moi dura e tamén que a xenté tiña moita fe en Deus .
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios










