O sofremento no mar
Esta historia aconteceu hai xa moitísimos anos. É unha historia que lle aconteceu ao meu avó, que se chamaba Emilio e a uns cantos amigos del e a outros que non o eran tanto.
Aconteceu moi lonxe de aquí, ocorrera por África. Eles foran nun barco que era bastante grande. No barco tiñan bastantes provisións e moitísima roupa xa que botarían no mar moitísimos meses.
Cando marcharan, todos os tripulantes do barco estaban bastante tristes porque botaban de menos a súa familia. Despois de pasar dous meses no mar todos os que ían no barco sempre o pasaban ben pois o tempo que facía, tanto polo día como pola noite era bastante bo. O mar sempre estaba calmado e non tiñan ningún problema e á parte fixeran unha boa collida de peixe...
Despois de aquela bonanza unha noite todos os homes foran durmir tranquilos e non esperaban que se acercara unha tormenta tremenda.
Xusto cando xa estaban todos durmidos ,empezou a soprar moitísimo vento e tamén empezara a chover. A chuvia era moi forte e por iso o barco empezou a moverse pois as ondas eran bastante grandes e bastante fortes. Todos empezaron a marearse o mesmo que lle pasaron aos tripulantes.
Un dos homes que había no barco movíase de tal maneira que chegou a caer do barco. Todos os homes inmediatamente foron coller os botes para ir rescatar o home. Estiveron moitísimo tempo buscándoo pero non o encontraron, eles non se daban por vencidos seguían e seguían, pero nada, que non había rasto do home. Logo seguiron buscándoo no barco a ver se o miraban pero sen resultado, ata que o meu avó mirou unha gran rocha, e alí estaba o home, rápidamente foron a recollelo.
O home estaba sen feridas pero bastante cansado de loitar contra as ondas para alcanzar a rocha e salvar a vida.
Despois de vivir o pesadelo e de pasar aquilo, aínda pasaron uns cantos meses para voltar á casa. Xa na casa contáronlle o ocorrido á súa familia que levaron un susto de morte, mais , naquela ocasión o home salvouse e puido contar á familia e ós amigos o que sufriu no mar naquela ocasión. Son só aventuras de mariñeiros, sempre que o poidan contar.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios














