Dous accidentes nun só día

Curso: 
1º e 2º de E.S.O.
DOUS ACCIDENTES NUN SÓ DÍA

Cando eu era pequeno, meu pai ía nun barco que pescaba fanecas. Marchaban o lúns de madrugada e non volvían ata o venres pola noite. No barco había tres mariñeiros a parte do meu pai. Un día cando ían cara ás illas Cíes para empezar a traballar, meu pai escoitou un ruído e decatouse de que un dos seus compañeiros caera ó mar. Meu pai, alterado, comezou a berrar para que o patrón parase o barco.

Como aínda era noite non se miraba ben e comezaron a poñerse todos moi nerviosos porque non conseguían velo, e ademáis recordaron que non sabía nadar. Gritaban chamándoo, ata que por fin contestou. Sen perda de tempo dirixiron a luz cara onde escoitaran a voz e alí estaba. Achegáronse pouco a pouco co barco e lanzáronlle unha corda para que se agarrara.

Cando por fin conseguiron subilo ó barco, estaba moi asustado, pero non quixo voltar á terra, quixo seguir a diante para faenar como rexo mariñeiro que era. O que ninguén deles se explica aínda hoxe é como sen saber nadar, aquel home puido agantarse tanto tempo a flote.

Pero o día non fixera máis que empezar. Xa pola tardiña, cando estaban a piques de saír, no último lance, ó ir meter unha nasa a bordo, esta quedou enganchada ao costado do barco e ao soltarse con forza golpeou ó mesmo mariñeiro na fronte abríndolle unha brecha.

Desta vez sí que tiveron que deixalo todo e saír a fondo para levalo a urxencias.Todo se arranxou con puntos de sutura. Estaba claro que ese non fora o seu día, xa que estivo a punto de falecer por dúas veces nun só día. Pero a vida dos mariñeiros é tan dura que todos se fan moi fortes e valentes.

No votes yet