Concursos

Fotos dos concursos de Literatura Mariñeira do curso 2007-2008.

1

CONTO NO MAR

HABÍA UNHA VEZ UN BARCO QUE FUNDIU PORQUE UN TIBURÓN MORDEULLE O CASCO.

O CAPITÁN CAEU Ó MAR E UN CABALIÑO DE MAR E UN GOLFIÑO, AXUDARONNO A CHEGAR A AREA.

PASOU UN PESCADOR NUNHA BARCA, RECOLLEUNO E LEVOUNO A SÚA CASA.

3

DEIXAOS MEDRAR 

caraguexos e mexillóns

peixiños de cor

o polvo ca lura

todos viven no mar

e todos ricos están

Á hora de pescar

coidadiño hai que ter

non colle-los pequeniños

¡hai que deixalos crecer!

4

SONIC E OS SEUS AMIGOS

 

 Había unha vez un cabaliño de mar chamado Sonic que decidira ir a pasear cos seus amigos cangrexos Brais.

Atopáronse un peixe azul pequeno, un polbo, unha estrela, unha
raia, unha xoaniña e unha bolboreta tomando o sol enriba dunhas baleas
e preguntaron se querían ir con eles ao país das focas.

 

Moi contentos foron visitar ás súas amigas e cando mellor o
estaban pasando... oooh!!!, unha gran tormenta escura, misteriosa, con
moitos raios e tronos puxo en perigo a súa vida. Pobres bolboreta e
xoaniña, que molladiñas quedaron. 

 

Cando por fin amainou e viron as focas fixeron unha gran gran festa e invitaron a tódolos animais do Polo Sur.

 

E colorín colorado, este conto está rematado e o que non se poña en pé quedalle o cu pegado. 

 

 

5

O POLBO E O PEIXE

HABIA UNHA VEZ UN POLBO E UN PEIXE QUE ERAN AMIGOS .
IAN XUNTOS A ESCOLA QUE ESTABA NO MAR, EN CELA.
NA ESCOLA XOGABAN COS SEUS AMIGOS, OUTROS PEIXES , POLBOS , CON TIBURÓNS E CON LURAS.
UN DÍA FORON DE ESCURSIÓN EN AUTOBÚS,
E CANDO VOLTABAN A ESCOLA, A UN PEIXE, CASE O PESCA UN PESCADOR.
PERO UNHA AMIGA DO POLBO, QUE ERA UNHA LURA,
SALVOUNO...
E COLORÍN COLORETE POLA CHAMINEA SAE UN FOGUETE .....