Unha noite de xeito

Curso: 
Primaria 3º ciclo
UNHA NOITE DE XEITO

Sendo meu pai pequeno saiu a pescar co meu avó que tiña un barco no que pescaba co “xeito”, que e un aparello de enmalle co que se pescan sardiñas.
Saíron de Bueu as 7 da tarde e puxéronse rumbo a Lanzada ó chegar alí xa había alguns barcos de outros portos esperando para largar o lance do “axeso” que é o lance que se da cando se pon o sol.
Cerca das oito da tarde comenzaron a largar o aparello despois dunha hora, máis ou menos foron mirar a rede por si mallara algunha sardiña é como xa se empezaba a mirar algunha mallada e o sol xa se metera escomezaron a meter a rede a bordo. As once da noite tiñan a rede a bordo e oito caixas de sardiña, entón puxeron rumbo a Portonovo para vendela na lonxa. Detrás deles viñan alguns compañeiros que acabaran o lance e tamen iban cara a Portonovo.
O chegar a porto tanto eles como o resto dos barcos, xuntábanse todos os mariñeiros e despois da venta ían cear todos xuntos sardiñas asadas no muelle é cando sa estaban nesas decataronse que faltaba un dos barcos de Marín e preguntandolle uns a outros nadie sabía deles e sin embargo estaban xuntos na Lanzada traballando, empezouse a pensar o peor xa que todos os barcos estaban no porto e eles non chegaran.
Acordaron saír todos os barcos en busca deles xa que nesa época non había nin móviles, nin telefonía para poder poñerse en contacto co barco.
Indo todos os barcos rumbo a Lanzada en busca do barco de Marín que faltaba, encontraron un mariñeiro no mar agarrado a unha boia, collerono e él foi quen lles contou que o barco fundirase e que faltaba o patrón o cal toparon uns minutos máis tarde agarrado as bois do xeito.
Grazas a que naquel tempo había moito compañerismo e que se quedaban sempre todos xuntos para cear e para falar as cousas de cómo fora o día , salvaronse a vida destes dous mariñeiros se fora neste tempo en que cada quen vai o seu , ninguen se decataría do que lle pasara a esta xente, e cando o fixeran sería demasiado tarde.

noitexeito.jpg
No votes yet