Suceso inesquecible
Todo ocurriu , un oito de novembro do ano 1979. Pola mañanciña debido a unha sobrecarga de peixe do barco no que navegaba meu avó, comenzou a tumbarse cara un lado. Todos os tripulantes empezaron a poñerse nerviosos porque non sabían moi ben o que estaba pasando. A auga entraba a mares pola cuberta .Cando se deron conta de que o barco empezaba a afundirse, todos os mariñeiros achicaban a auga da cuberta e tamén puxeron peso no outro costado para intentar nivelar o barco.
O tempo pasaba e a situación cada vez era máis complicada. Entón decidiron lanzar unha bengala para avisar aos barcos cercanos de que estaban en perigo.
Como o afundimento parecía inminente, tomaron a decisión de abandoar o barco. Os mariñeiros que traballaban na cuberta foron os primeiros en subir ás balsas de salvamento. Pouco a pouco foron saíndo do barco todos os tripulantes e só quedaron ao final o capitán, o patrón, o cociñeiro e o xefe de máquinas (meu avó). Estes aínda confiaban que o afundimento non fose a ocurrir, pero cando viron que a situación empeoraba, decidiron tamén abandoar o barco pero déronse conta de que xa non tiñan balsas salvavidas para fuxir. Entón o meu avó recordou que aínda lles quedaba un pequeño bote que tiñan na popa. Collérono e de inmediato botárono a auga, pero o capitán encerrouse no puente e non quería saír, porque dicía que morrería ali co barco. Meu avó e os outros dous tiveron que romper unha ventá para entrar e obligalo a saír.
Cando xa estaban dentro do bote, aos poucos minutos viron como o barco se afundiu totalmente. Ao pouco tempo de estar no mar, achegouse a eles un barco que estaba cerca e que xa rescatara aos mariñeiros que fuxiran antes.
O meu avó cada vez que fala daquel naufragio que pasou hai xa moitos anos, e no que estivo a punto de morrer, ponse moi triste, aínda que afortunadamente el está vivo para poder contalo.

- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios














