A illa

Curso: 
Primaria 2º ciclo
A ILLA

Había unha vez un neno chamado Pablo ao que lle gustaba ir a praia. Un día foi á praia do Santo e atopou un caminiño que chegaba ata unha illa. Seguiu o caminiño que o levou ata a illa, cando chegou empezou a investigar. Cando acabou de rebuscar , o caminiño xa desaparecera.

Pablo tiña escoitado falar ós seus pais de que na illa os piratas esconderan un tesouro, entón decidiu quedarse para atopalo. Púxose a escarbar na area e atopou unha cova, dende dentro saía unha luz e decidiu entrar. Dentro da cova había un cofriño de ouro, colleuno e marchou para sua casa.

A nai díxolle que o abrira, abriuno e atopou ouro, diamantes, chocolate e golosinas. Dende aquela sempre vai a illa.

No votes yet