Lenda dos marinos
LENDA DOS MARINOS
Conta a lenda ,que hai moito tempo ,existía un home que vivía en Bueu .O seu nome era Froilán , era moi querido e apreciado polos seus veciños.,
A Froilán gustaballe moito a caza , pasear no seu cabalo polo Cabo Udra e falar moito coa súa xente .Mentres facía ese percorrido ,un día que estaba dando o seu paseo , viu dende un acantilado , unha muller deitada na praia .
Preso dunha grande curiosidade ,achegouse amodiño ata ela . Quedou moi abraiado e perplexo ó darse conta de que, a muller que dormia na area , tiña corpo de peixe . Era unha serea .
Cando ela espertou e viu que Froilán estaba mirandoa , quixo fuxir , máis foi imposible . El axudouna a montar no seu cabalo e levouna ata o pobo.
Cando tódolos seus veciños a viron quedaron admirados , pola extraordinaria fermosura da muller-peixe . Chamárona Mariña ,por proceder do mar.
Froilán e Maiña namoráronse rapidamente .Eles pasaban todo o día xuntos , montando a cabalo e percorrendo o Cabo Udra . A pesares de que Froilán intentou que ela aprendese a falar , Mariña , non podía pronunciar palabra algunha . Cando o intentaba , só podía emitir uns ruídos moi difíciles de comprender .
Tal era o cariño dos namorados, que decidiron casar . Ó pouco tempo , Coma resultado dese amor, tiVeron o seu primeiro fillo .
O tempo pasaba e Mariña seguía sen poder falar . Isto provocáballe unha grande mágoa e dor … Sentíase moi triste por non poderlle expresa a Froilán e ó seu filliño todo o seu amor e felicidade .
Na máxica noite de San Xoán, e estando nunha marabillosa festa ,Ó son das cancións , comendo , e bailando en fronte as fogueiras ,Froilán sabía o profundo medo que Mariña sentía cara as faiscas ,por iso ,arrebatoulle o seu pequeño fillo dos seus brazos e saiu correndo co neno cara á fogueira , dando a impresión de que ámbolos dóus ,entrarían nas chamas ….Mariña , por medo a perder os dous seres que máis amaba no mundo, berrou tan forte que todo o mundo poido entendela.
Aquela noite máxica de Xan Xoán, foi a primeira vez que Mariña puido pronunciar as primeiras palabras da súa vida …. E pouco a pouco aprendeu a falar… Froilán viviu feliz con Mariña polo resto da súa vida.

- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios














