Os piratas bos

Curso: 
Primaria 2º ciclo
Os piratas bos

Érase unha vez unha tripulación de piratas que ían polo mar e saqueaban tesouros e cousas valiosas como diamantes, moedas, etc.
Un día encontráronse dous barcos irlandeses , moi grandes e con moitos canóns , e eles fuxiron a súa cova onde tiñan os tesouros saqueados. Cando se dispersaron foron atacar primeiro o da dereita e logo ó da esquerda. Os tesouros leváronos á cova, logo foron a ver se había máis barcos, pero non os había, entón foron a buscar máis. Pero un bo día atopáronse cuns piratas e loitaron tanto que decidiron deixar de loitar e devolverlle á xente as súas pertenzas.
Recorreron o mundo repartindo riquezas a toda a xente que o necesitara , fixéronse famosos e a xente chamáballes os piratas bos.

ospiratasbos.jpg
No votes yet