Vólvese o mar en calma contra o meu avó
Esta historia ocorrelle o meu avó, un día hai moito tempo.
Aquel día saíu ás cinco da tarde ó mar a botar as nasas, despois veuse para á casa mentras as nasas facían o seu traballo.
O mar estaba moi calmo, case sen ondas nin vento.
Voltou á praia recoller as nasas, cando xa era hora, pero cando chegou, sucedeu un problema:
Estaba a levantar as nasas cando veu unha onda e envolveu a chalana, tirándoo contra unha pedra cercana. Tirouse ó mar, amarroulle unhas garrafas e boias para que o barco non fora ó fondo ,e foi nadando cento cincuenta metros ata a praia dende onde saíra chegando espído ,triste, descalzo...E tamén con todos os pés cheos de cortes ,rabuñazos … mais, tiña que recuperar todo o que tiña no mar.
Colleu outro barco, outra chalana, sen remos,pois só tiña un e roto, e bogou ata poder chegar ata onde estaban as nasas e a chalana do naufraxio pero a súa chalana tiña unha brecha feita polo choque coas rochas cercanas. .
Como puido amarrou a súa chalana á do naufraxio e bogou ata poder chegar á praia que estaba a cento cincuenta metros, cun so remo,e roto tardou catro horas cando se soía tardar media hora aproximadamente.
Así foi, chegou á praia ,barou o barco na area e marchou para á casa, descalzo, espido, e moi mollado.
Á mañá seguinte foi comprobar os danos do barco,e resulta que,por sorte podíase arranxar,pero non así o motor,"non evolucionados naquel momento" así que dende aquela tiña que ir a remos a todos os lugares.
Despois de amañar a brecha,foi á pedra onde deixara a roupa.
Agora aquel lugar está cheo de recordos para el e para toda a familia que coñece a historia, incluso para min. Por sorte todo quedou nunha historia, unha historia, que agora pode contar grazas a Deus.

- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios














