Unha pesca de altura
Cando meu pai chegou do mar xa hai algún tempo, contoume unha historia que lles pasara no barco e que agora vou contar aquí.
Na primavera do ano 2006 meu pai despedíase de nós no aeroporto de Vigo para comezar unha pesada viaxe de varias horas con destino a Uruguay. Alí embarcarían a bordo do barco no que pasaría unha marea de sete meses.
Xa pasaran varios longos meses cando, durante un día de frío e chuvia, mentres recollían a rede cunha enorme máquina, a tripulación deuse conta que non só eran peixes o que pescaran senón que entre o aparello tamén había unha pequeniña foca. Era moi bonita pero estaba moi asustada pois quedara atrapada na rede.
Ao enterarse, un amigo de meu pai chamado Salvador, foi buscar a videocámara para gravar aquel acontecemento tan tenro, e logo poder ensinala a todo o mundo. Despois de ter pousada a rede na cuberta do barco, a foquiña non paraba de moverse e os mariñeiros non sabían que facer porque tiñan medo de ferila. Pero ó final entre todos conseguiron quitala con moito coidado da rede logo duns anguriosos minutos. Cando por fin puideron devolvela ao mar aquela foca só tiña unhas pequenas rabuñaduras que se fixera ela mesma ao rascarse coa rede. Pero a pesar diso estaban contentos porque conseguira sobrevivir.
Cando acabou a marea e chegaron todos á casa, meu pai tiña unha copia en CD do que gravara o seu amigo Salvador sobre a foca. O que máis me impresionou do video foi ver a meu pai e a todos os demáis cunha barba de varios meses sen afeitar. Aínda que case non puiden velo xa que non lle gusta que o graven igual que a min.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios














