Unha viaxe movidiña
UNHA VIAXE MOVIDIÑA
Esta historia contouma meu tío, que traballa nun barco de pesca de altura.
Hai xa uns anos, saíron coma sempre do porto directos cara ó Gran Sol. Había un tempo agradable, e lucía o sol no ceo. Non houbo ningún problema na saída, e por alá xa cerca do Gran Sol comezábase a notar unha brisiña agradable.Ó día seguinte, o tempo xa non era igual, chovía a cántaros e ía moitísimo frío.
O meu tío é cociñeiro, e coma de costume estaba na cociña preparando a comida.De pronto, comezou a trinar, e as fortes ondas empezaron a menear o barco. A oleaxe fíxose tan forte que todo o mundo pensaba ,que ían ir a pique, pois o barco metíase entre as ondas coma se fose unha casca de noz
Con tanto movemento toda a comida caeu ó chan,e o meu tío con ela.Ó caer ó chan,fíxoo con tal forza que , meu tío deu un forte golpe na cabeza.
Pola noite,apenas puideron durmir.Todos tiñan que estar cos xeonllos fincados no catre, ``que son as camas do barco´´, e non puideron pegar ollo.
Á mañá seguinte, todo volveu á normalidade, o sol volveu lucir no ceo, e todo o mundo volveu ós seus postos de traballo.
Estos son sustos propios da vida dos mariñeiros.

- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios














