Sería cuestión de sorte?

Curso: 
1º e 2º de E.S.O.
SERÍA CUESTIÓN DE SORTE?

Hai algúns anos, cando eu era unha cativiña dun ano, vivín a miña primeira gran aventura, e comenza así:

Era no mes de Outubro, e o meu avó que se chama Juanito andaba a traballar no mar, nun barco coñecido polo nome de ``JOCABAL´´. Aquel mes o meu avó pasouno queixándose de que se lle daba igual saír ó mar ou non saír, porque dicía que non daban pescado nada.

Meu avó, así coma o meu padriño que se chaman, Manolo (o armador) e José ,que era o mariñeiro, dedicábanse a traballar, ante todo, as nasas do polbo , aínda que tiñan outras moitas licenzas para ir ó mar, tamém outras artes de pesca (nasa de faneca, rastro de ameixas…). Eles estaban acostumados a coller moita pesca, pero como pasa às veces tamén lles chegaron os tempos das vacas fracas.

Toda a miña familia é da illa de Ons, e como è tradición, o día primeiro de Novembro ou día de defuntos, os colonos da Illa de Ons vanlle render culto òs seus defuntos por medio dunha ofrenda floral.

Antes non era como agora en día, que se vai no barco de pasaxe ata a Illa. Hai algúns anos atrás que a xente da illa que nese momento non se atopaban alí, collían os barcos de pesca, e ese era o medio de tramsporte para ir toda a familia à Illa de Ons.

Daquela,os homes ían pescar os pintos, e as maragotas para comer, mentres que as mulleres abrían as casa , amañábanas, e ían ó cemiterio poñer candís, velas e flores para honrar os mortos.Ese mes de Novembro, concretamente o día un coincidiu no medio da semana, entón os armadores dos barcos colleron as súas familias, para levalas á illa,e despois ir largar as nasas do polbo para ver se pescaban algo.

O meu avó e o meu padriño decidiron todo o contrario, decidiron ir largar as nasas primeiro ,pola parte de detrás do Centulo e despois levarnos á terra e quedar a axudarlle ás mulleres. Despois, antes de volver a Bueu, levantarían as nasas coa pesca, recolleríanas, e voltariamos todos xuntos. Pero, aínda que a miña nai protestou, porque había moitísimo vento e o barco balanceaba moito, a decisión xa estaba tomada.

Eu era a mariñeira máis nova de abordo. Cóntame a miña nai que os que non pertencían à tripulación habitual do barco ían todos mareados, e xa nin se tiñan en pé, ían sentados pola ramorta adiante. Pero din que eu co balance pasábao xenial, e non paraba de rir.

Entón cando o meu avó parou de largar, lavou as mans e colleume no colo, ergueume e el, o meu padriño e José, dixeron: ``Seguro que o traer a Bea vainos dar sorte, era un presentimento dos tres´´.

Dalí a un anaco chegamos á illa e fixemos todas as tarefas que estaban previstas. A tripulación do barco saiu ó mar ó acabar de comer e dalí a tres horas xa os estabamos agardando no peirao para voltar para Bueu.

Cando os viron chegar todos gritaban o meu nome con xúbilo. Nun só día pescaran o que non pescaban no mes. O meu padriño riu e dixo que como era tan cativa non me podía levar ó mar, pero sí ía por unha foto miña na ponte do barco.

Din que houbo máis crise na pesca pero sempre lembran ese día na casa, por algo será…

Meu avó di que esta lembranza vai DEDICADA: Ó Jocabal, que se desguazou en agosto do 2007 e á súa tripulación,que eran: Juan Patiño Méndez, Manuel Dios, e José_______

Average: 4 (5 votes)