Lenda das mareas
Preguntástevos algunha vez onde se mete a auga cando baixa a marea? Eu moitísimas veces. Algunhas persoas contestábanme que cando estaba subida en Bueu estaba baixa no outro lado da ría, ou sexa en Sanxenxo, outras decíanme que se estaba subida na ría de Pontevedra estaba baixa na ría de Vigo. O principio convencíanme pero co tempo averigüei que non en todos os lugares hai rías así que ningunha destas explicaciones podíanme valer.
Pois ben a ver si vos contentades coa explicación que me dou a miña avoa. Contoume que no mar vive un becho enorme, cunha gran boca parecido a unha toupa pero cun só ollo. Encántalle comer pequenos crustáceos e saltar fóra da auga, pero só sae de noite porque sabe que de día o poden ver e é moi tímido. Ten un pequeno defecto e é que un goloso da auga salgada así que bebe e bebe sen parar e sempre lle pasa que cada 6 horas colle semellante empacho que a ten que vomitar. Entón volve a empezar a beber de novo e así sucesivamente. Ocorre ademais que é moi luático e cando hai lúa chea aínda ten mais sede e… bebe máis.
Seguramente non será esa a excplicación de porque a marea baixa e sobe cada 6 horas. Pero, a que é bonita?

- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios










