Carta dende o mar

Curso: 
Primaria 2º ciclo

Carta dende o mar

Ola nenos :

Son o mar e vou falar de min. Primeiro vouvos nomear algúns animais que viven en min . Pódovos dicir algún mamífero como son a balea e o golfiño coñecidos por moitas persoas.

Tamén conviven con estes grande variedade de peixes que vos vou dicir a continuación: lamprea, abadexo, atún, bocarte, congro, pescada, quenlla, xurelo, sardiña, robaliza, alcrique, solla xarda, raia, bacallao, rodaballo, linguado, castañeta, peixe espada, cabalo de mar, peixe sapo e moitos outros peixes. Ademais tamén albergo a outras especies como poden ser: lagosta, centola, lumbrigante, croque, estrelamar, esponxa, longueirón, percebe, polbo, ... etc.

XA SE VOS ESTA ABRINDO O APETITO, A QUE SI.

Con tódolos habitantes que viven en min dou traballo a moitos dos vosos pais que se encargan de pescar algúns destes animais para poder gañar cartos e así poder darvos todo o que necesitades.

Ademais disto tamén son divertido sobre todo no verán. Nesta época do ano teño visitantes moi especiais: A xente que se baña en min sobre todo os meus amigos os nenos que se divirten nadando, mergullándose e xogando a salpicarse coa miña auga uns ós outros as veces éntralles a miña auga na boca e a escupen rápidamente porque ten moita sal. Polo fondo de min, se vas cunhas gafas adecuadas e osixeno, podes mirar moitas cousas como algas, corais , rochas, cunchas, barcos afundidos con tesouros e podras observar os meus habitantes.

Algúns científicos din que a miña auga non e pura, din que contén cantidades de outras materias ben disueltas, e ben en suspensión. Tamén din que estou composto por toneladas de metais preciosos.

E certo que eu conteño moitos deses metais, pero extraelos custa moito e non se aproveitan polo home.

Sen embargo a sal que conteño, sabor que poden apreciar todos os que veñen a xunto miña no verán, foi utilizada a través da historia, polo que o seu valor e infinitamente maior co dos metais.

Escribo esta carta dirixida aos nenos para pedirvos que teñades coidado de min que me tratedes ben e que non votedes lixo en min porque iso ten como consecuencia cós meus inquilinos morran. Algunhas especies estanse a extinguir por que xa teño moito lixo e isto entristéceme moito. Cada día estou mais baleiro e pode chegar un momento en que me quede sen inquilinos. Se isto ocorre non poderedes comer máis peixes nin marisco nin outras delicias que saian de min.

Pídovos que vos mostredes moi coidadosos e me tratedes ben .Espero que lle leades isto a moita xente para que me traten moi ben. Oxalá poida darvos alimentos durante moitos séculos,e seguir vindo no verán durante moito tempo.


Espérovos este ano na paria.

Un saúdo

O mar.

 

fin

cartadendeomar.jpg
No votes yet