O bote polbeiro de Bueu
Xunto coa dorna, a gamela, a lancha de relinga e outras embarcacións, o bote polbeiro (polbo en galego) é unha das embarcacións tradicionais emblemáticas da costa galega. O bote polbeiro de Bueu é unha embarcación moi estable, forte e pesada, das cualificadas redondas, ten de manga a metade da súa eslora, baseada segundo S.Morling na lancha de relinga e a súa morfología pode representar bastante ben o que eran as embarcacións antigas desta zona de Galicia. A súa eslora rolda os 4 metros e a súa manga a metade aproximadamente, teñen un terzo de cuberta e case todas un viveiro no centro. Tamén se facían mais pequenos de 3.5 metros e algúns moi grandes chegaban aos 5,50 metros.
O Bote polbeiro de Bueu Autor: Fidel Simes Martínez Editorial : Xunta de Galicia: Consellería de pesca e asuntos marítimos /2005 ISBN: 84-453-3883-8
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios










