Lady Chaterli
Os vellos mariñeiros do pobo de Bueu xuntábanse en coro medios sorprendidos pola noticia, na praza as pescantinas non vendían o peixe, a xente falaba e falaba de algo que lles contaron os seus avós pero que non crían, pensaba que se limitaba a unha lenda de vellos para asustar aos nenos.
Contaban os antepasados do lugar que no século XVL as goletas comandadas polo capitán don Álvaro García de León atacaran un barco Inglés que viña cheo de lingotes de ouro e outras xoias próximas á cara norte da illa de Ons. Eles falaban dos espíritos dos mortos deses militares que algunhas veces polas noites saían do barco e asustaban aos mariscadores que saían a faenar.
Moitos deles asustados contaban aos seus compañeiros nas tabernas á beira dunha botella de viño mil e unha historias, ás súas mulleres e aos seus fillos e a todo o que quixese escoitarlles.
A noticia saltoun submarino da Xunta de Galicia que estaba estudando os fondos mariños da zona descubriu a goleta nunha parte do casco medio esnaquizada polos anos e os animais víanse as letras“THE LADY CHATERLI”.
O “LADY CHATERLI” levaba alí durmido na súa tumba máis de 400 anos, parecía fantasmagórico, coa madeira carcomida, os ferros oxidados e aínda así parecía majestuoso para os técnicos que asombrados non paraban de gravar no vídeo e de facer fotografías para os seus estudos.
Non era demasiado grande, os seus maiores inquilinos eran un par de quenllas da zona que máis asustaban os seus nomes que o seu fereza, xa que eran inofensivos, unhas familias de polbos, e os peixes habituais fanecas, cangrexos, maragotas etc.
O xefe da expedición falaba aos seus compañeiros e recordaba cando estudando na universidade faláronlle do“LADY CHATERLI”, e emocionado lles conto a historia de como se afundiu o barco e das xoias que posuían.
O submarino tiña uns brazos articulados e un pouco grandes para os buracos da goleta pero aos poucos coa pericia do capitán do submarino puideron introducirse por unha banda media refuga xa do paso do tempo directamente á adega do barco.
Alí estaba todo escuro, case non se vía nada, tiveron que enfocar coas luces de adiante máis outros focos que levaban para situacións difíciles, moveron un pouco a terra estancada durante tantos anos e logo de rebuscar e rebuscar atoparon unha caixa forte grande robusta, negra que puideron alzar cos brazos do submarino e ao chegar á superficie ser izada polo barco ama de cría que esperaba ansioso as novas noticias.
Logo de alzar a caixa , o submarino articulado e estar alí todos xuntos, decidiron intentar abrila, era difícil, non se deixaba, e entre dous homes intentárono de todos os xeitos posibles, ata que se oíu a palabra máxica... un crak, crak...
Todo o mundo nervioso apiñábase ao redor para ver o que alí aparecía e…
Alí estaba... todo o que os antepasados habían falando durante séculos ...!Os lingotes de ouro! tantos que a vista non alcanzaba a contar ¡... Paralizados ao principio abrazáronse todos felicitándose polo achado.
Cando a noticia chego ao pobo, o barco da Xunta estaba atracado xa no peirao, centos de veciños e curiosos estaban conversando sobre o tema do día. Do ano e eu diría que do século.Por certo o narrador desta historia encantado, eu dalgunha maneira pertencía á historia do pobo xa que o capitán da goleta española Álvaro García de León, seguramente era antepasado meu ou non.
Fin

- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios














