A muller e o mar
Dende fai séculos e séculos a muller tivo un papel moi importante en canto á súa función social, encargábase de coidar e educar aos fillos e facía as tarefas da casa, como limpar, atender ao gando, preparar a comida e telo todo a punto para cando chegara o seu home despois de pasar todo o día traballando. Pero a mulleres das rías galegas sempre atopaban un anaco de tempo na súa axustada axenda para dedicarse ao mundo do mar, aínda que o seu traballo non sempre foi recoñecido e valorado coa merecida importancia.Redeiras, mariscadoras, regateiras ou empregadas nas fáfricas de conservas son algúns dos oficios típicos que a muller vén desenvolvendo dende moito tempo atrás. O traballo das regateiras é quizais o traballo máis coñecido e que máis se segue realizando hoxe en día. Estas mulleres levantábanse cada mañá moi cedo para estar preparadas no porto no momento no que os mariñeiros chegaban de faenar. Elas levaban o peixe fresco nas súas patenas (sobre a cabeza, con grande equilibrio, ou baixo o brazo) cara a lonxa, onde llo vendían ás persoas que se acercaban ou levábano de aldea en aldea para vendelo ou trocalo por produtos agrícolas. Este traballo convertía ás mulleres nas donas dos cartos e, polo tanto, da despensa. As atadeiras ou redeiras son tamén moi importantes na nosa cultura mariñeira, delas e da súa habilidade no manexo das agullas dependía que as redes de liño, cánabo, algodón ou ticum estivesen arranxadas para que os homes puidesen ir traballar. Ademais de arranxar e preparar as redes estropeadas tamén tiñan que compoñer unhas novas para que ningún imprevisto no mar puidera pillar desprevidos aos mariñeiros. As redeiras tiñan que traballar día sí e día tamén, ventase ou fixese calor, ás veces ata o facían debaixo dun carro para non mollarse os días de chuvia. Un dos traballos máis duros que a muller facía e segue a facer no mar é o de mariscadora. Desafian as baixas temperaturas da auga e o frío para coller os mellores manxares que se poden atopar nas praias e nas rochas. Enfrontánse ás maruxías do inverno, ao abrasador calor do verán e a outros moitos perigos para coller uns bens escasos pero moi preciados, como por exemplo os percebes. Cando chegaron ás nosas costas as empresas conserveiras, ofrecéronlles ás mulleres un novo papel, as coserveiras. As mulleres que tiñan este emprego levantábanse todas as mañás moi cedo co sonido da sirena da fábrica e pasaban todo o día traballando. Traballaban sobre todo con peixes azuis e moluscos, limpábanos, cociñábanos e logo gardábanos nas latas de conservas. Todos estes oficios que as mulleres desenvolvían antigamente, e seguen a desenvolver hoxe en día, móstrannos a importancia que teñen no sector pesqueiro galego e tamén na sociedade, pero aínda así, estas mulleres seguen loitando para mellorar a súa condición social, para que os seus salarios non sexan tan baixos e se correspondan co gran traballo que desenvolven.

- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios










