>> Convócase o concurso de literatura mariñeira para os escolares do Concello de Bueu.


CONCURSO DE LITERATURA MARIÑEIRA COORGANIZADO POLA CONFRARÍA DE BUEU, ASOCIACIÓN OS GALOS (AMIGOS DAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS) E INSTITUTOS E COLEXIOS DO CONCELLO DE BUEU

PARTICIPANTES. Poden participar neste concurso os escolares pertencentes aos niveis de infantil, primaria, secundaria obrigatoria (ESO) e bacharelato, escolarizados nos centros de:

Instituto de educación secundaria Illa de Ons

Instituto de educación secundaria Johan Carballeira

Colexio concertado Virxe Milagrosa

Colexio de educación infantil e primaria A Pedra

Colexio de educación infantil e primaria da Torre-Cela

Colexio de educación infantil e primaria Montemogos de Beluso

Tamén o poderán facer aqueles escolarizados noutros centros que residan no Concello de Bueu.

NIVEIS. En función dos cursos establécense cinco categorías de participación:

• Infantil

• Primaria: categorías para 1º ciclo, 2º ciclo e 3º ciclo

• 1º y 2º de ESO

• 3 Y 4º de ESO

• Bacharelato

TEMÁTICA E EXTENSIÓN. A temática será a literatura mariñeira en todos os seus ámbitos. Os alumnos de infantil realizarán un traballo colectivo por clase de formato libre.
Os traballos serán presentados en soporte dixital (Word, OpenOffice, etc.). Os traballos non poderán ocupar máis de dúas páxinas, con espaciado sinxelo, tamaño de letra 10 e tipo de letra Century Gothic.
As persoas que queiran participar no concurso deberán colgar os traballos na web do proxecto. Os participantes deberán rexistrarse na web www.bueuinforma.org. Na sección de concursos habilitarase un formulario onde se introducirán os datos persoais do participante, e solicitarase o texto a presentar, que debe conter no encabezado un título. Poderase colgar, se o autor o deséxa, unha fotografía relacionada coa temática (sempre que non supere o tamaño máximo de 400 pixels no seu lado máis longo, e un peso non maior de 250kb). Na web danse instrucións de como realizar a subida dos traballos. Se o autor o prefíre pode remitir o seu traballo (en formato electrónico, segundo as especificacións descritas e cos datos persoais incluíndo o colexio, curso e un teléfono de contacto) á dirección: info@bueuinforma.org, e o seu traballo será colgado na web. Só se valorarán aqueles traballos que cumpran coas bases do presente concurso.

PRAZO. Aceptaranse traballos ata o 30 de abril.

PREMIOS. Establécense os seguintes premios:
Entregarase un premio ao primeiro e segundo mellor traballo de cada categoría.
A Asociación “Os Galos” dará un paseo pola Ría aos mellores traballos, a bordo dunha embarcación tradicional da asociación. Os mellores traballos serán publicados na revista da asociación “Os Galos”.
O Xurado poderá conceder accésits ou mención individuais e/o colectivas. Todos os participantes recibirán un agasallo (camiseta do proxecto).

XURADO. Establécese un único Xurado para a concesión dos premios. As súas decisións serán inapelables e estará composto polas seguintes persoas:

Profesores representantes de cada un dos colexios

Representantes da Asociación “Os Galos”

Representantes da Confraría de pescadores San Martiño de Bueu

Invitarase a un técnico da Concellaría de Educación de Bueu

Invitarase a técnicos da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos

Invitarase a técnicos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Os traballos serán postos na páxina web do proxecto e valorados mediante o uso de Internet. Cada membro do xurado valorará do 1 (mínimo) ao 10 (máximo) cada traballo. Os gañadores serán os que obteñan a maior puntuación media. En caso de empate o xurado decidirá en segunda votación o traballo gañador.
Na valoración teranse en conta aspectos como: orixinalidade, estrutura, presentación e relación coa temática proposta.

FALLO E ENTREGA DE PREMIOS. O fallo do xurado farase público durante o mes de maio, parte dos premios serán entregados durante este mes e o resto no seminario final do proxecto que se comunicará con antelación.
FINAL. A participación neste concurso implica a aceptación de todos os puntos contidos nas BASES da convocatoria. Os traballos presentados seguirán sendo propiedade dos seus autores. Unha copia dos mesmos entregarase á Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Unha copia dixital será posta na páxina web do proxecto, nun primeiro momento co pseudónimo do autor, para posteriormente poñer os seus datos se así o desexa.
Calquera incidente coa convocatoria será resolto polos profesores pertencentes ao xurado, os representantes da Confraría de Pescadores de Bueu e representantes da asociación “Os Galos”.