EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE BUEU

A relación do home co mar vén de tempos inmemoriais, e foise facendo máis importante co paso do tempo. Na antigüidade, o home tiña máis relación coa caza e co cultivo que co mar, ese gran descoñecido, do que case sempre os pobos costeiros contaban grandes lendas de monstros e hecatombes.
En Galiza, a pesares de ter unha longa franxa costeira, a relación co mar tamén se fixo de forma progresiva. Nun principio, o litoral atopábase deshabitado ou pouco habitado, por ter fuxido as poboacións deica zonas máis interiores e altas, escapando das invasións bárbaras, piratas, turcos, etc. Existindo poucas embarcacións e de moi pouca calidade para a pesca, facilmente agochables no medio da vexetación, etc.
Co paso do tempo, e cunha mellor organización social e política, a poboación defendida cos medios dos reis e señores feudais, comezaban a poboar as zonas máis costeiras, e iso conleva unha familiarización maior co mar e a construcción de mellores medios para a explotación deste, como son as embarcacións e artes de pesca. Coa experiencia e o paso dos anos iranse mellorando e adaptando ás necesidades do lugar e ao tipo de pesca.
Bueu, como zona costeira, non difire dos demais lugares, e aquí tamén se repite a historia onde se aprecia esa transformación das embarcacións e artes de pesca desde os nosos antecesores ata hoxe.
De o que os nosos devanceiros nos transmitiron, e o que queda recollido na nosa historia escrita, facemos un pequeno percorrido na historia das embarcacións locais e artes de pesca.

TIPOS DE EMBARCACIÓNS

Atendendo ao seu tamaño en Bueu existían grandes barcos de carga ou transporte que , en principio, traían mercadorías para os salgadoiros locais , e co paso do tempo –século XIX- se fixeron con algúns en propiedade alcanzando un bo número destes no distrito marítimo Aldan-Bueu. Os barcos eran do tipo berganrtíns, goletas, polacras, qechamaríns, galeóns, etc. Todos eles de 48 a 200 toneladas de carga e que percorrían todos os portos españois e estranxeiros.

GALEÓN ou TRINCADO:

Comezaron sendo barcos de carga que se adaptaron á pesca, utilizados especialmente para a pesca da sardiña e, dado que usaban un grande aparello (cerco real) precisaban a axuda doutras embarcacións menores.
Median de 16 a 18 metros de eslora e de 3,5 a 4,5 m de manga. Podían levar ata 20 homes. En tarefas de pesca foi o primeiro barco que usou temón; tamén usaron vela.
Este barco, ao longo da súa existencia sufriron moitos cambios, tanto de tamaño e fisionomía como de uso, posto que foron usados ao longo da súa historia como embarcacións de pesca, de carga e incluso armáronse con canóns para facer a guerra ou para o pirateo.

LANCHA TRAIÑEIRA
Era unha embarcación que se dedicaba á pesca especialmente da sardiña, empregando artes de pesca “cerqueiras”, aínda que tamén podía empregar artes de ”enmalle”. Era usado pola súa velocidade e maniobrabilidade. As máis antigas, que eran máis grandes tiñan ata 12 metros de eslora e ía ao “cerco”. Cando reduciron o seu tamaño, co paso do tempo, utilizáronse paro o “xeito”,
Na súa orixe a propulsión era mixta, a remos e a vela, podendo aparellar ata dúas velas místicas. Sen embargo, a traiñeira está deseñada para navegar con remos, aparellando ata 10 por banda. As últimas que quedaron nos portos acabaron adaptándolles motor.

LANCHA DO XEITO
Tripulado por 6 ou 7 homes a bordo. Traballaban á sardiña, e tanto a lancha como o aparello (“xeito”) foi introducido polos cataláns a principios de 1800.

DORNAS:
En Bueu eran moi abundantes, sobre todo na Illa de Ons e praia de Beluso. Adoitaba ter unha tripulación máxima de dous homes pescando á liña tanto ao polbo como calquera tipo de peixe.. No inverto podían levar ata catro homes a bogar cun rastro pola popa para coller vieiras, ameixas, etc.
Segundo o uso para o que fora destiñada podería variar a súa eslora de 4-5 m e manga de 1,5 m as dornas polbeiras ata un 7 m de eslora e 2,25 de manga as tramallo e do xeito.

BOTE POLBEIRO
Dentro da mesma liña estética que as lanchas do xeito, pero de menor eslora. Eran practicamente autónomos do porto de Bueu. A súa principal particularidade é a súa manga con relación á súa eslora. Sempre usaron a vela latina e nos últimos anos cambiárona á vela mística. Una gran vela para estes barcos. Tamén se podían propulsar a remo, utilizando uns parecidos ao das dornas, é dicir, de dúas pezas e pa curva, que cruzan para bogar.
Ten unha eslora media de 4,5 m e unha manga de 2 m. Usábase para pescar á liña, especialmente ó polbo. A súa configuración facíao axeitado para traballar en zonas de baixos, lugares idóneos para a pesca do polbo.
Cando o polbo era pequeno ou non estaba de tempada, esta embarcación tamén se utilizaba para i ao “curicán” o “liña remoleada” e pescar rincha, fanecas, etc, Podería levar un ou dostripulantes como máximo.

GAMELA OU CHALANA
É unha embarcación de pequenas dimensións e o fondo plano, adoitaba ter popa e proa, pero tamén as había con dúas proas, e incluso dúas popas, neste caso tamén eran denominadas “choupáns”. Leva de 1 a 2 tripulantes e úsase na pesca preto da costa, para ir á “rapeta” na praia e, de maneira moi esporádica, ao xeito en praias abrigadas.
Outro uso moi frecuente é como auxiliar na pesca con outras embarcacións maiores, neste caso a súa propulsión é a remo.
Cando se utilizan para a pesca soen levar a bordo un pequeno viveiro. Tamén en ocasións foron utilizadas para o marisqueo. Para esta actividade se utilizaba tanto a remo como a vela.
por Anxo Dopazo - 6º E. Primaria

Imaxe: 
Dornas.jpg
Average: 5 (2 votes)