Música
![]() |
As cantigas que nos falan do mar poden devolvernos a conciencia roubada de algo tan próximo para os galegos e tan descoñecido ao mesmo tempo. Poden falarnos de outros días nos que os peiraos non tiñan portas e os nenos e as nenas íamos pasear os domingos coas nosas nais e os nosos pais para ver os barcos e as grúas. Pescabamos apoiados nas amarraduras e sentindo o arrolar das olas baixo os pés. Falabamos cos vellos mariñeiros que sempre nos daban algún consello e algún berro, que non deixaba de ser unha recomendación máis urxente. Mariñeiros que horas máis tarde recorrían as tabernas cantando vellas cantigas. Ir ó mar é un traballo moi duro e as cantigas sempre axudan. Nós podemos facer a viaxe ao revés, podemos buscar nas melodías as preguntas que necesitamos para coñecer mellor ese mundo no que estamos inmersos case sen sabelo. |
Nos seguintes enlaces poderedes consultar letras e partituras de diferentes cantigas ou participar incluíndo letras ou partituras de cantigas que coñezades [Para facer isto debes estar rexistrado].
Cantigas
Engadir letra |
||
Partituras |
Engadir partitura |
|













Engadir letra
Partituras