Concurso de ideas sobre pesca responsable e mellora da xestión dos recursos pesqueiros.
|
PARTICIPANTES. Poden participar todos os pescadores, pescadoras, mariscadores e mariscadoras que teñan vinculación coa pesca artesanal galega (inclúe marisqueo a pé):
NIVEIS. Establécese unha única categoría. A participación será individual. Poderanse presentar ideas colectivas, aínda que a efectos de premio serán tratadas como individuais.
TEMÁTICA E EXTENSIÓN. A temática será a pesca responsable e a mellora da xestión de recursos pesqueiros. Os traballos poderanse presentar manuscritos ou por ordenador. Entregaranse en sobre pechado nas instalacións da Confraría de Bueu (Avda. Montero Ríos s/n, 36930 Bueu, Pontevedra). No sobre figurará o nome do autor e un teléfono de contacto, e levará "ASUNTO: CONCURSO BUEUINFORMA PESCA RESPONSABLE". No interior figurará a proposta e os datos persoais do autor.
PRAZO. O prazo de recepción das obras será ata as 20:00 horas do 31 de xullo de 2008.
PREMIOS. Establécense os seguintes premios:
XURADO. Establécese un único Xurado para a concesión dos premios. As súas decisións serán inapelables e estará composto polas seguintes persoas:
FALLO E ENTREGA DE PREMIOS. O acto de entrega dos premios celebrarase durante o seminario final do proxecto. O lugar e data concretarase nos próximos meses. FINAL. A participación neste concurso implica a aceptación de todos os puntos contidos nas BASES da convocatoria. Os traballos presentados seguirán sendo propiedade dos seus autores. Unha copia dos mesmos entregarase á Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Unha copia dixital, ou un resumo da mesma, será posta na páxina web do proxecto. Calquera incidente coa convocatoria será resolto polo xurado.
|
BueuINforma Un barco buenense desde a Praia de Tulla










