Artes de pesca

Datos Persoais
Curso: 
Primaria 2º ciclo

Os aparellos de pesca fóronse perfeccionando ao longo dos sécalos. Moitos chegaron ata nós tal e como foron deseñados nun principio.

“A liña” : a máis sinxela de tódalas artes. Consta dun cordel (ou sedal) cun pequeno chumbo e un anzol iscado, unido a un dos seus extremos.

A forma de armar unha liña pode variar moito segundo sexa para pesca manual ou para pesca “curricán”.

“O curricán”: os curricáns son remolcados pola embarcación.

“Raña”: Consiste nun pau plano, ou carambelo ao que se lle ata un pelouro cun caranguexo de isco.

“Garabeta”: variante da raña diferénciase en que a peza de madeira ten forma de galla na que leva amarrados uns anzois.

Utilízanse exclusivamente para pescar polvos.

“Nasas”: tradicionalmente existían dous tipos diferentes. Unha moi semellante a unha gaiola, tecida con vimbias, e outra cilíndrica, con armazón de madeira cuberta con rede. Empregábanse e empréganse para a captura de mariscos.

Na actualidade variaron os  materiais empregados na súa elaboración e tamén, o tipo de capturas a que se destinan.

“Vara”: trabállase coa embarcación fondeada polos dous costados, mentres o mariñeiro, dando impulsos coa vara apoiada no ombreiro vai cravando os dentes da gancho ó fondo.

“O rastro remolcado” : moi semellante a vara, consiste nunha estructura de ferro con cope de rede, que se utiliza en arrastre con embarcacións de motor.

Ámbalas dúas recollen ameixa ou berberecho na pesca de baixura.

“O xeito”: arte de pesca da sardiña. Consiste en estender a rede ao longo do mar deixándoa entre as augas para que a sardiña malle nela e quede amarrada. Este “xeito” de pescar permitía que os peixes pequenos quedasen ceiben a través da rede.
 

Imagenes: 
0
O seu voto: Nada (1 voto)